Festivala recoñece co Conachón de Ouro a Tanxugueiras polo seu “labor feminista”

A organización valorou que as tres cantareiras sexan referentes para as novas xeracións no uso da lingua galega
Festivala recoñece co Conachón de Ouro a Tanxugueiras polo seu “labor feminista”
O Conachón é unha creación exclusiva da artista Ana Miguéns | CEDIDA FESTIVALA

A organización da Festivala outorgou o segundo Conachón de Ouro da súa historia a Tanxugueiras, prato forte da edición deste ano e que logrou encher a Praza da Segunda República. O Soño de Lilith – a asociación que fixo nacer a Festivala e que se encarga de levala a cabo– quixo poñer así en valor o labor feminista das cantareiras tanto nas súas cancións como na cultura que promoven. Do mesmo xeito Festivala premia a defensa da lingua que Olaia, Sabela e Aida levan a cabo dende o inicio da súa traxectoria. Cabe recordar que a novena edición do festival foi dedicado ás mulleres do tradicional, en sintonía coas Letras Galegas 2025. Dende O Soño de Lilith indican que “premiamos ás referentes que, no seu día a día, reflicten o pensamento feminista en forma de arte. Hai nenas que grazas a elas cantan en galego, coñecen a importancia do folclore e de que o feminismo ten que chamar a todas as portas”.


O Conachón de Ouro é unha peza exclusiva creada por Ana Miguéns e na súa primeira edición foi parar á cómica Henar Álvarez.

Festivala recoñece co Conachón de Ouro a Tanxugueiras polo seu “labor feminista”

Te puede interesar