O goberno de Vilagarcía lembra ao PP que a Xunta non vai facer reparto masivo de máscaras

O goberno de Vilagarcía lembra ao PP que a Xunta non vai facer reparto masivo de máscaras
Imagen de parte del gobierno vilagarciano

O goberno local de Vilagarcía volve a condenar a actitude "irresponsable e destrutiva" da que está facendo gala o Partido Popular de Vilagarcía en relación á grave situación que se está a vivir como consecuencia da crise sanitaria. En relación ás últimas críticas contra a xestión municipal e, en concreto, pola decisión do goberno limitar o reparto das 12.000 máscaras FFP2 adquiridas polo Concello aos maiores de 65 anos persoas con patoloxías específicas, os socialistas lémbranlle ao PP que tampouco a Xunta de Galicia que goberna o seu partido vai a facer un reparto masivo, como eles están a esixir no Concello. Polo tanto, "xa que queda claro que o PP de Vilagarcía carece de vergoña e que demostraron de sobra que non teñen intención de axudar a saír desta grave crise, a diferenza do que si están a facer os demais grupos da oposición, esixímoslle un mínimo de coherencia".

En relación a esta coherencia, o executivo socialista apunta que "si para o PP de Vilagarcía é válido o sistema de reparto da Xunta, máis aínda o sería o do Concello, xa que nós non poñemos límite de renda, e polo tanto, ás máscaras chegarán a todos os vilagarciáns maiores de 65 anos, así como a enfermos de patoloxías especialmente sensibles". O goberno argumenta tamén en sentido contrario: "E si o PP de Vilagarcía esixe no noso municipio o reparto masivo, que teñan a valentía e a coherencia de esixirllo tamén aos seus xefes. Porque si non o fan queda demostrado que manipulan interesadamente a información coa intención de xerar crispación social en Vilagarcía para desgastar ao goberno e tratar de sacar eles beneficio político a costa dunha crise sanitaria na que tanta xente está sufrindo".

En calquera caso, dende o Concello insístese que o criterio de reparto que se vai a elixir segue escrupulosamente as instrucións dadas polas autoridades sanitarias superiores, tanto da Xunta como do Estado, que priorizan o uso de máscaras nos colectivos máis vulnerables: maiores e enfermos con determinadas patoloxías.

Ademais advírtese de que, a diferenza da Xunta de Galicia, que repartirá máscaras cirúrxicas, que son de un só uso, as que adquire o Concello son do tipo FFP2, que protexen nas dúas direccións e teñen unha duración de 5 días.

Por último, dende o goberno apuntan que "semella de todo irresponsable que os concellos nos poñamos a adquirir máscaras para todo a poboación, cando os mercados están aínda desabastecidos e cando hai lugares nos que os profesionais sanitarios aínda carecen delas para poder prestar os seus servizos debidamente protexidos".

O goberno de Vilagarcía lembra ao PP que a Xunta non vai facer reparto masivo de máscaras

Te puede interesar