O PSOE negocia un pacto a tres bandas que inclúe liberacións para PP e BNG

O PSOE negocia un pacto a tres bandas que inclúe liberacións para PP e BNG
O socialista Alberto Varela saúda ao nacionalista Xabier Rodríguez durante o Pleno de investidura I GONZALO SALGADO

O Partido Socialista de Vilagarcía está negociando con PP e BNG un posible pacto a tres bandas para fixar salarios e liberacións. Un acordo que incluiría dedicacións para todos os partidos asinantes, xa sexa para concelleiros ou para cargos de confianza.
As tres forzas atópanse en boa sintonía, ultimando os flocos dunha proposta que, con toda probabilidade, chegará a Pleno esta mesma semana. De feito, o xoves pola mañá é a data que está sobre a mesa, aínda que non é a definitiva.
 

“Vilagarcía non pode estar paralizada”, sinalaba Ana Granja, voceira do Partido Popular, que recoñece que “despois de tantas reunións e encontros” hai boa sintonía e confía en que haxa acordo “cantos antes mellor”. “
 

Polo momento, non transcendeu cales nin cantas serán as liberacións que terá cada grupo. O voceiro do BNG, Xabier Rodríguez, recoñecía onte que, precisamente no número de dedicacións, estivo o cabalo de batalla durante todo este tempo.
 

“Nós entendemos que son necesarias as liberacións para unha maior gobernabilidade”, explicaba Rodríguez, que incidiu en que a condición, sempre, de “demostrar a súa eficiencia. Está baixo esa premisa”.
Tamén haberá adicacións para cargos de confianza. A de Deportes practicamente se da por feito e outra das que se barallou é a de Urbanismo.
 

Haberá, do mesmo xeito, liberacións para o PP e para o BNG. “Nós entendemos que a oposición debe contar con recursos para poder exercer a súa labor de fiscalización”, sinala Rodríguez. Non transcendeu o número total de dedicacións, xa que está a proposta por pechar. “Tivemos unha reunión o venres e estamos pendentes da última proposta”, apunta Granja.
 

Fontes do PP apuntan que, aínda que a proposta do executivo de Alberto Varela incluía unha liberación para os populares, estes cren que, o feito de ser a forza máis votada entre os vilagarciáns (xa que nestas pasadas eleccións pasáronlle ao PSOE), debería reflectirse no acordo final.
 

Dietas e salarios

A intención dos socialistas era que todas as forzas políticas con representación en Ravella firmasen o acordo, pero Esquerda Unida desmarcouse.
 

Non é a primeira vez que Varela abre a porta a un acordo polos salarios. No seu primeiro mandato, fíxoo da man do PP de Tomás Fole. Desta banda, decidiu incluír tamén aos nacionalistas, que sinalan que o acordo está a punto de chegar a bo porto.
 

Tamén haberá un incremento dos salarios e das dietas por asistencias a Pleno e comisións informativas. “A proposta do BNG, será unha subida discreta”, explica Xabier Rodríguez. O que se expuxo, aínda que non se sabe se será o que saia adiante, é que sexa en base ao IPC acumulado durante os últimos anos, o que roldaría o quince por cento. 

O PSOE negocia un pacto a tres bandas que inclúe liberacións para PP e BNG

Te puede interesar