Uxía Lambona e A Banda Molona, Gramola Gominola e Pakolas estarán no Revenidas Miúdo do Monte do Gozo

O festival vilaxoanés amplía horizontes a Santiago con esta modalidade para o público máis novo o día 28 deste mes
Uxía Lambona e A Banda Molona, Gramola Gominola e Pakolas estarán no Revenidas Miúdo do Monte do Gozo
Uxía Lambona repite nesta segunda edición do Revenidas Miúdo

Uxía Lambona e A Banda Molona, A Gramola Gominola e Pakolas e Laura Romero son algúns dos artistas xa confirmados que estarán no Revenidas Miúdo do Monte do Gozo. Esta cita organizada dende Vilaxoán está fixada para o 28 deste mes e a entrada é gratuita. A estes nomes tamén se lles suma o do Concerto PunkInfantil a cargo de Brais das Hortas e Peter Punk.

 

Ao longo da xornada no recinto do festival haberá diversos obradoiros, así como zona de xogos populares, espazos lúdicos e outras moitas sorpresas. O Revenidas Miúdo contará también con un mercado creativo. As persoas ou colectivos que desexen formar parte deste mercado poden solicitalo no correo electrónico mercadocreativo@revenidas.com.

 

O Revenidas Miúdo é un evento que naceu o ano pasado cun espíritu de romaría diúrna de carácter familiar e que, na súa primeira edición, contou con máis de 3.000 asistentes. Celébrase en colaboración coa Xunta de Galicia-Turismo de Galicia e a firma Deleite.

Uxía Lambona e A Banda Molona, Gramola Gominola e Pakolas estarán no Revenidas Miúdo do Monte do Gozo

Te puede interesar