A guerra do viño...

Parece que no amor e na guerra todo vale. E precisamente amor entre o Partido Popular e o concelleiro de Cambados Pode, José Ramón Abal, parece que hai ben pouco a xulgar polos últimos acontecementos. Así, si o desencontro entre a formación popular e Abal comezou a fraguarse a partir de que, contra todo prognóstico (incluído o da alcaldesa Fátima Abal), inclinara o seu voto na investidura aprol dun cuatripartito en lugar de sumarse á maioría “cuasi” absoluta do PP; agora o lío a modo de vinganza vai a través da falla de apoios da administración autonómica aos actos de Cambados como Cidade Europea do Viño, dos cales é responsable para o seu lucimento ou reprobación pública, en caso de fracaso, o concelleiro independiente.
Este enfrontamento tamén é visto con certa preocupación desde os estrategas políticos provinciais que confiaban en que, despois de que caíra o bastión de Sanxenxo a mans de Telmo Martín, se abrira agora unha oportunidade clara para recuperar para os da gaivota a emblemática praza da capital do Salnés.
Aquí hai dúas posturas: Unha, que defende o afogamento do equipo de goberno sacrificando estes dous anos de lexislatura que quedan, a base do enfrontameto directo entre a administración autonómica (liderada polo cambadés Cores Tourís desde a Delegación da Xunta en Pontevedra) para garantir unha política de terra queimada ao final de mandato que aupe de novo a Luís Aragunde á Alcaldía ao demostrarse na práctica que pouco se fixo ou se pudo facer…
Por outra banda, está tamén outra, enarbolada por algún que outro estratega do PP provincial, que reclama unha política de aberto achegamento aos plantexamentos de José Ramón Abal co fin de facer bo aquel refrán que di: “lógrase máis con mieles que con hieles” evitando que o “encabronamento” do líder de Cambados Pode pola súa soidade o leve a un encastillamento nas súas postura fortalecendo e restañando máis a unidade do equipo de goberno, posta en entredito de xeito habitual e moitas veces máis da conta…
Estando así as cousas, os compromisos internacionais e de imaxe de Cambados con esto da Cidade Europea de Viño parecera que quedara nun segundo plano utilizándose polos contendentes como arma arroxadiza, coñecedores todos, da importancia e sensibilidade que a cidadanía cambadesa ten con estes temas porque saben que coas cousas de comer (e tamén de beber) non se xoga, ou non?

A guerra do viño...

Te puede interesar