Menudo circo...

n menudo circo se ten convertido a política española nos últimos tempos e máis estes días coa detención e encarceramento, de momento sen fianza, do ex presidente da Comunidade Autónoma de Madrid e discípulo de Esperanza Aguirre, Ignacio González que parece seguir a estela deixada no seu día por Francisco Granados, número dous do PP madrileño.
Agora a tercera en discordia é a propia Esperanza Aguirre que acuciada polos seus tradicionais rivais na dirección nacional do seu partido, e tamén na rexional, decidiu tira-la toalla, por terceira vez, quizais animada por aquelo de que “cando vexas as barbas do teu veciño cortar…” sin contar tamén coa condición de investigado que acaba de adquirir, recentemente, Eduardo Zaplana, outro ex ministro de Aznar… En fin, éche o que hai.
A “cazatalentos” Esperanza Aguirre a verdade é que tiña un ollo clínico envexable para elixir aos seus máis directos colaboradores que na práctica totalidade pasaron de ser príncipes encantados a auténticas ras de charca ou máis ben sapos de ciénaga.
Agora, entre bágoas, di que non sabía nada (manual Infanta Cristina), síntese decepcionada e avergoñada pero o certo é que o seu gabinete máis que o goberno dunha comunidade autónoma parecía a cova de Alí Babá e, incluso, hai algún malfalado que levaba tempo esixindo unha renovación no PP de Madrid que está a dicir a quen o queira oír que a mágoa de Aguirre non lle ven por sentírense traizoada senón porque os tiveran pillado…
Outro tanto pasa na política catalá. O fillo maior de Jordi Pujol, tras declarar de novo durante varias horas, enfróntase a unha petición do fiscal e das acusacións particulares de prisión provisional sen fianza despois de que se detectaran movementos nas súa contas en Andorra por un valor superior aos 30 millóns de euros (casi nada) e iso que sabía que estaba sendo investigado, pero aquí a presunción de inocencia deixa paso á crenza de vivir permanentemente na impunidade amparado pola fortaleza económica que da o 3% e o escudo que ofrece o proceso soberanista.
En fin, que vendo o que se coce noutras latitudes hai que dicir aquello de “Menudo Circo!” e non me refiro ao lío que hai montado entre o Concello de Vilagarcía e o Vienna Roller  que, comparado co panorama político español, non pasa de ser unha mera anécdota, ou non?

Menudo circo...

Te puede interesar