Non hai xeada sen gripe

ERA VISTO! Teño unha jripe criminal. Funa esquivando como puiden, pero ao final pilloume a traizón. E iso que fun das primeiriñas en irme a vacinar hai uns meses. Pero claro... este frío e a xeada que hai polas mañás non pode ser boa para o corpo e unha xa ten unha idade! E claro, como eu non son das que lle justa estar encerrada na casa, pasa o que pasa... Onte non me resistín e fun dar unha volta ao mercadiño para ver se atopaba unhas zapatillas de andar pola casa. Que si, que llas pedín aos Reis, pero están empeñados en traerme calcetíns e non houbo maneira. Ajora esta jripe tenme encerradiña na casa coa televisión prendida todo o día... isto non é vida nin é nada. Xa me dixo a miña comadre de ir domingo ao festival benéfico que fan os de Amigos de Galicia. Xa sabedes que eu son moito de cantar e seica hai varias corales que van participar. Unha festa tremenda vai ser aquilo. O malo é se esta condanada me ten encerrada aínda máis días na casa. Eu espero estar ben para a fin de semana. Non fajo máis que tomar leite con mel que, para a gripe, sempre me foi man de santo.

Non hai xeada sen gripe

Te puede interesar