martes 20.08.2019

Da xustiza poética

As veces tamén na Política hai algo Xustiza Poética. Algo así como cando a vida xira e coloca novamente as cousas no seu sitio. Sucedeu neste caso en Cataluña, cando Nuria Martín do PSC foi nomeada Presidenta da Deputación de Barcelona.  

E aquí ven o dato. O que lle da o relevo e fai a entrega do simbólico bastón de mando, non é outro que Celestino Corbacho, antigo alcalde e Ministro Socialista, quen finalmente encontrara un posto, e un cargo, en Cidadáns. Os científicos insisten en que a vida é só química; polo que tamén a química, debería explicar as desconfianzas mutuas entre formacións para formar goberno. In illo témpore o recurso habitual para  chegar a pactos,  ou rexeitalos, era aquelo de programa, programa, programa. 

Hoxe a desconfianza entre formacións de esquerdas, segue a manterse do xeito tradicional, pero o cambio está na frase de Iglesias, de que non hai pacto de programa se non hai ministerios. É certo que parten de obxectivos diferentes. Pedro Sánchez busca un goberno para España, sólido, cohesionado e sen fisuras. E Iglesias pretende, dende a súa lóxica, a mellor saída para un Podemos debilitado que precisa con urxencia, unha transfusión de visibilidade e de poder. De aí a carga tendenciosa, e a beneficio de inventario, que teñen as preguntas elaboradas para a consulta aos afiliados. A arte da negociación é complexa, con medidas de tempos en magnitudes diferentes, e que precisa da utilización de distintos matices de prudencia e templanza. Lembren que os acordos, sempre se fraguaron lentamente.

Ir recollendo velas causa fondas tristuras –díxolle El– implica deixar mares que foron horizonte e coartada. Abrazarte ten o aroma  das praias en outono, o son da brisa leve e o pouso salgado e húmido, dos portos xa vencidos...

Da xustiza poética
Comentarios