Aprender

As eleccións deixan gañadores e perdedores, e os que conformamos o Partido dos Socialistas de Galicia non estamos entre os primeiros. Recibimos apoio, si, e ningunha dúbida cabe que temos un compromiso persoal con cada voto que nos foi entregado. Máis non conseguimos os obxectivos e, por tanto, debemos aprender do ocurrido.

Non, a sociedade non é a culpable, aínda que o cantara Siniestro Total. Podemos enganarnos pensando no resultado do noso pobo, ou no de ao lado, ou incluso co de Verín (coma antes foi Muxía despois do Prestige), pero fraco favor faríamos. 

A realidade é difícil, se a vemos de parte, pero aínda temos unha enorme oportunidade de seguirnos equivocando. Sempre é fácil equivocarse. Polo tanto, merecemos (e debemos) atinar. E para eso, lonxe de solucións que noutro tempo se puxeron en práctica, as revolucións poden ser fantásticos xogos de fogos artificiais pero poden non levar a ningún sitio. As crises, en calquera organización ou sociedade, permiten a catarse. Esto é positivo. Aproveitemos.

Dende a política debemos ofrecer discursos propios. Elaborados dentro dun marco ideolóxico e de referencia, claro, pero con identificación propia. Esto ocurre especialmente nun país como Galicia, con referencias propias, singularidades. Trátase de adaptar, e non de replicar. Para elo debemos utilizar moitas e boas voces, que existen, e exprimir ao máximo os liderados para que sumen non se encorseten pechados no seu mundo. Un partido político progresista e transformador debe arriscar no intento de cambiar unha sociedade que vexa como desigual, e hoxe Galicia é un país con profundas desigualdades que, tristemente, non van a ser resoltas polo novo goberno. Creo, firmemente, que o marco e as propostas que estamos en condicións de ofrecer son boas, e por iso creo que debemos esforzar en traducilas. Para que nos entendan, para que nos fagamos entender, para que nós entendamos aos demáis.

A este obxectivo debemos as nosas forzas, todas. Debemos ser quen de comprender como facer mellor as cousas para ser máis útiles cara fora. E non sobra ninguén neste camiño. Trátase, en definitiva, de definir o que somos, probablemente desdibuxado hoxe nun escenario tan cambiante onde, ademáis, as institucións fan vida e estratexia por separado. 

Pensemos, aprendamos e orientemos o que queremos ser. Entón, e só entón, teremos a capacidade decidir en que formato e con que imaxe. Porque se comezamos pola segunda parte estaremos dando paus de cego e, probablemente, nunca pararemos a pensar na primeira. E iso é o mellor camino a volver a estar dentro dun tempo no mesmo lugar. E quen non avanza, retrocede. Quen non aprende, empeora. E se non avanzamos e non aprendemos, para que servimos?

Estou convencido de que seremos quen de facer a dobre labor política de ser útiles á cidadanía á que representamos, e tamén aprender para ser todavía máis útiles. Máis pronto que tarde. Sen presa, pero sen pausa. Moito por traballar. Imos!

Aprender

Te puede interesar