Dereitos e dereitas

Iniciouse esta semana o trámite da Lei que abrirá a porte ao dereito á eutanasia. Coma se dun carrusel de feira se tratase damos voltas e voltas sobre argumentos que, parece que por moito repetir, non terminan de ser entendidos por quen os retorce ata o extremo. Probablemente porque non queira entendelos, en realidade.

Ter un dereito non implica a obriga de exercelo. Por eso cando se aprobou a Lei do Divorcio abríase a posibilidade de facelo, non a obriga. Cando se aprobou a Lei que igualaba o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, abría a posibilidade de facelo, pero non a obriga. Como coa interrupción voluntaria do embarazo, como coa eutanasia.

Semella que algúns prefiren permanecer no barro, soltando barrabasadas pola boca coma se non tiveran ningunha responsabilidade sobre o que se di. Ás veces parece que en vez de boca algún ten un grifo escarallado. 

Permítanme xogar aos adiviños. Aprobarase neste país dentro de pouco unha Lei que permitirá exercer o dereito á eutanasia. A dereita continuará supurando frases tóxicas como dicir que “faise por aforrar custes na sanidade”, que escoitouse estes días. Eso si, dentro de 5, 7 ou 10 anos ninguén terá ningunha ousadía de discutir ese dereito e ninguén pensará, nen sequera, en revertilo. E pasará como con tantos outros, que os mesmos que sulfataban barbaridades no Congreso contra a Lei do Divorcio son os que máis a utilizan; quen despotricaban barbaridades contra a interrupción do embarazo deixaron de ir ás agachadas a Londres e xa poden abortar en España; os que escupían atrocidades sobre o matrimonio homosexual agora van a celebrar bodas de parellas homosexuais (eso si, fotos e publicidade a mansalva para que se vexa) e os que hoxe pouco menos que afirman que a eutanasia é legalizar o asasinato serán os que, chegado un duro momento, asumirán que é un dereito irrenunciable nunha situación difícil. 

Unha cousa é curiosa. A dereita que se faga chamar conservadora é incongruente cando exerce dereitos civís contra os que combate chamándolle “progres”. A dereita que se faga chamar liberal é incongruente cando quere limitar os dereitos das persoas (os dos demais, porque os propios os exerce en secreto inconfensable). O que lle ocorre á dereita é que perdeu tanto o norte que xa nin sabe se é conservadora, liberal ou ultra. O único que sabe ser, hoxe, é retrógrada. I é unha pena moi grande.

Dereitos e dereitas

Te puede interesar