Pepe Mujica

Era 2010 e visitei Montevideo por traballo. Coincidiu unha campaña política e, como froito dunha maravillosa coincidencia, atopei diante do meu hotel un gran acto do Frente Amplio no que escoitei a Tabaré Vázquez e a Pepe Mujica. Delicioso.

A pregunta sobre cal é o meu político preferido podería ter aparecido nalgunha das entrevistas que puiden ter feito nestes anos. Nunca cadrou que me fixeran tal cuestión, polo menos que eu lembre, pero moitas veces teño pensado sobre cal sería a miña resposta. Ás veces puiden pesar en citar a Mandela, que sería toda unha honra, e tamén sempre un lembra a persoas máis cercanas. Pero co paso do tempo fun afianzando a convicción de que hai poucos políticos tan claros, clarividentes e nítidos como Pepe Mujica.

Probablemente pasará moito á historia a personaxe do Mujica revolucionario, preso, agricultor,  cultivando no seu xardín de sempre, coa imaxe de non querer palacios presidencias nin luxos. É un gran exemplo. Un bo amigo, mestre persoal e político, díxome hai anos que o importante nesta vida é facer as cousas de forma que un poida irse a durmir tranquilo polas noites. E venme constantemente á memoria lembrar algunha ocasión que escoitei a Mujica contando que o que hai que preservar é a honestidade intelectual e comprometerse de verdade.

Pero cabe ir máis alá, porque escoitar a Mujica é un baño de reconcilicación profunda coa intelixencia humana. “O odio termina estupidizando”, dixo Mujica na súa despedida da política esta semana, no que podería ser unha intervención sobre a vontade de ser boa persoa na vida. Moita emocionalidade na búsqueda de referencias morais, e amplia audacia no camiño para procuralas. Eso foi sempre un Mujica ao que, tamén, como gran mostra da infantilidade, acusouse incluso de entregarse aos poderes conservadores, mediáticos e económicos. “O que eu non son é tonto. Como vou tentar de construir sen ter en conta a todos?”, dixo hai anos. Hai poucas expresións tan nítidas da intelixencia. En 2013 The Economist, un dos altares nas publicacións sobre capitalismo, escolleu a Uruguay como “País do ano” polo seu avance baixo a presidencia de Mujica. “Mal deben andar os demáis”, ironizou. 

“A política é a búsqueda da felicidade”. Ogallá máis Pepe Mujica nos tempos que corren para que, polo menos, e lonxe de estar atopando a felicidade, podamos emprender a búsqueda da política. Sería a mellor homenaxe. Gracias, Pepe.

Pepe Mujica

Te puede interesar