Un Punto de Encontro Familiar para O Salnés

Esta semana tivemos o sinsabor de ver como o traballo de moitos meses das nosas compañeiras e noso en prol de conseguir un Punto de Encontro no Salnés sufría un revés por mor dunha cuestión de interese político.  O sinsabor de ver como as promesas locais se volvían fume no ámbito da política autonómica,  pero tamén a amargura de sentir por parte de algunhas persoas do mundo político,  homes pero tristemente tamén mulleres,  certo pasotismo,  como se solo foramos “outras  tolas máis”. 

Quizais conveña recordar o camiño percorrido. No Salnés poucas persoas sabían que era un PEF ou onde está o máis próximo. Ás parellas que tiñan que enfrontar as cuestións de custodia asumían que o normal era facer o cambio nun parque, ou que os nenos os “levara a avoa”. 

Xunto as nosas compañeiras de ESMAR amosamos a realidade: como mulleres teñen que facer o cambio da custodia dos seus fillos co home que maltrataba na porta do concello,  ou nun parque, sen seguridade, ao solo ou á choiva, tendo que falar  con el e aguantarlle a mirada e  moitas veces, os insultos.  Amosamos que hai un lugar mellor para isto,  pero esta lonxe,  en Pontevedra,  e é un servizo insuficiente,  pois atende a tres comarcas,  e non ten medios suficientes. 

Coas nosas compañeiras de ESMAR emprendemos entón a misión de darlle a volta a esa situación,  e logramos a priori o máis difícil:  poñer de acordo aos políticos da comarca.  A todos e todas elas.  Concellos e Mancomunidade rubricaron ese acordo:  hai que poñer un PEF no Salnés. 

Pero logo fíxose o vacío. E alí onde debía moverse a cousa,  no Parlamento da Xunta,  o conto morreu.  Entón tomamos de novo a iniciativa co ollo posto nos orzamentos.  Por que non somos “outras tolas máis”,  sabemos como se move o tema e que o que fai falta para lograr o que necesitamos é compromiso no papel e cartos. E chamamos á porta dos partidos. Só un partido se mollou presentando unha emenda ao orzamento.  Falamos cos outros e sumáronse a ese apoio. Pero faltounos o que ten a maioría,  o que ten o poder de facer posible o PEF,  que de momento decidiu priorizar outras cuestións.

Pois imos seguir insistindo.  Pero no particular, que por iso escribimos estas liñas, parécenos incrible que habendo unha voz tan clara pedindo algo o goberno mire  para outro lado. A nosa asociación non ten prioridades políticas,  pero temos que lidiar cos políticos por que son os que toman as decisións.  Así que con eles seguiremos batendo.  Sólo pedimos cabeciña.  Falamos de moitas familias,  de moitas nais e pais afectados.

(*) Socias de ESMAR 
Pero antes que iso nais. 

Un Punto de Encontro Familiar para O Salnés

Te puede interesar