UNHA GRANDE TRAXEDIA TEATRAL

O  portavoz da Conferencia Episcopal José María Gil Tamallo, remata estes días de falar nunha roda prensa e entre outras cousas dixo: “... Que rompen publicamente coas políticas do PP” e piden perdón por primeira vez. Reclaman ao Goberno que non se desmantele o estado do benestar e que non se deixa ao país en mans da banca e os poderes económico. Un pouco tarde, digo eu ¿Non se decataron do padecemento dos cidadáns despois de case catro anos?
Penso que non só o votar aos corruptos é “pecado”, é ademais unha indignidade cómplice e tápanse a nariz  para seguir votando a unha tropa de ladróns. Porén, fíome máis do “olfacto” dun cura que todas as enquisas que poidan manipular. Se estes Bispos xa comezan a marcar distancias co PP é que cheiran o desastre e queren pillar  unha boa cadeira para sentar o cu. Nada novo. Levan dous mil anos así. Que doado é pedir desculpas a toro pasado ¿Pero renuncian aos seus privilexios? ¿Comezan a pagar os impostos? Son tal para cal. Como sempre, demostrando que os intereses políticos e económicos prevalecen ante os sociais.
Que paguen o IBI das súas propiedades, rescindir o Concordato, Que paguen o IVA en todo o que interveña unha factura. O que queira igrexa que a pague como en case todos o países do noso entorno. Ou sexa, que a igrexa sexa tratada como o resto das relixións e crenzas e cada católico pague a súa sustentación. Só agardo que sigamos evolucionando para unha sociedade mellor e máis xusta onde non teñan cabida nin estes políticos corruptos, insolidarios e patriotas de Suiza, nin estes meigos con poder que rin as grazas dos primeiros.  Agora só falta que abandone o barco O Aznar  facendo un acto teatral afiliándose a Ciudadanos.  Sr. Mariano Rajoy, non te queren nin os curas; se o glorioso Caudillo erguera a cabeza, volvería a deitarse. E nisto o Sr. Rajoy ollea o ceo e clama: “¡ Padre, tu tambien me has abandonado!” Amén.

UNHA GRANDE TRAXEDIA TEATRAL

Te puede interesar