Carmen Vázquez, a ollada da única supervivinte do naufraxio do Santa Isabel

Carmen Vázquez, a ollada da única supervivinte do naufraxio do Santa Isabel
Diario de Arousa-2015-09-10-014-b373cc03_1

A veciña de Noalla Carmen Vázquez Otero, supervivinte do naufraxio do vapor Santa Isabel, recibiu onte na lonxa de Portonovo unha sentida homenaxe no marco da exposición da terrible traxedia na costa da Lanzada. 
Pese aos seus 97 anos, Carmen fixo gala da súa extraordinaria memoria e rememorou ante os presentes algúns detalles do naufraxio que lle contara a súa nai. Pese a súa corta idade no momento da traxedia, apenas contaba cun ano, Carmen ten moi presente algúns dos terribles momentos que lle tocou vivir. 
Xunto a súa nai e o seu irmán embarcou no porto de Cádiz dirección Vilagarcía a onde o Santa Isabel nunca chegou. Foron dos poucos que conseguiron saír con vida do naufraxio no que perderon a vida 250 persoas. Sen embargo, esta traxedia marcaría sen sabelo a súa existencia. Unha das fiestras da súa casa en Noalla ten vistas a Sálvora, concretamente ao punto no que se produciu o naufraxio. “Os destellos do faro de Sálvora nos cristais fainos ter moi presente o naufraxio”, comentou a filla de Carmen Vázquez Otero.
O acto contou coa presenza do alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, e a concelleira de Benestar Social, Sandra Fernández Agraso, así como polo patrón maior de Portonovo, José Antonio Gómez e o estudioso e organizador da mostra do naufraxio, Celestino Viéitez. 
O rexidor e a concelleira agasallarona cun ramo de flores a esta muller de 97 anos de idade que fixo gala dunha memoria extraordinaria, recordando algúns dos detalles que lle relatara a súa nai. Tamén o patrón maior quixo agasallala cun estudo da Confraría e o organizador da exposición cun libro sobre a mesma.
O éxito da mostra está máis que demostrado con máis de 18.000 visitantes polo que non é de extrañar que o alcalde de Sanxenxo conte con repetir a mostra o próximo ano.

fillos predilectos
Á entrada da mostra sobre o naufraxio, un libro recolle firmas para solicitar á Corporación de Riveira que se nomee Fillos Predilectos a título póstumo ás “heroínas de Sálvora”: María Fernández Oujo, Diana Oujo Maneiro e Josefa Parada, así como para o oficial  do trasatlántico “Santa Isabel”, Luis Cebreiro López. 
Tamén piden que se nomee unha rúa ou unha praza na súa honra na mesma localidade riveirense.
Asimesmo, piden tamén a construcción dun monumento que recorde a todos os falecidos neste naufraxio tanto no municipio de Riveira  como na la Illa de Sálvora para que non caia no esquecemento.

Carmen Vázquez, a ollada da única supervivinte do naufraxio do Santa Isabel

Te puede interesar