La concejala nacionalista, Sandra Fernández Agraso, exigió ayer a Telmo Martín que “dea a cara” por la sentencia del Supremo sobre la expropiación de la finca de As Cunchas propiedad de la familia Rocafort. “Débelle unha explicación aos veciños e veciñas de Sanxenxo de por que en precampaña electoral tomou a decisión meter ao Concello de Sanxenxo nun recurso que se sabía non tiña ningunha vía de prosperar e que agora van ter que pagar máis cantidade aos donos de esa parcela”, señala. La portavoz del BNG incide en que “terá que explicar con que intencionalidade as súas decisións está a beneficiar aínda máis a eses propietarios e prexudicando, aínda máis, aos veciños e veciñas de Sanxenxo”.
Para Fernández Agraso el fallo del Supremo que obliga al “pago inmediato de máis de tres millóns de euros máis case 600.000 euros de intereses” demuestra “unha vez máis, as artimañas urbanísticas típicas de Telmo Martín e que tanto caracterizan á etapa do Partido Popular no urbanismo en Sanxenxo e que derivaron, outra vez, nun expediente xudicializado, e, outra vez máis, nunha sentenza millonaria”.
Sandra Fernández Agraso señaló ayer en un comunicado de prensa que “hai que lembrar que o señor Martín cando estaba na oposición que se el collía este tema, traballaría ata a extenuación para non ter que pagar nada. O que se vén demostrado é que todas as reclamacións que se deron dende que este señor é alcalde foron caendo e que aínda que el negaba e aseguraba que este proceso fose a prexudicar ás arcas públicas”.
La nacionalista incide en que “unha vez máis demóstrase que por culpa del temos que pagar a parte da sentenza de case 3.011.000 euros, os 600.000 euros máis de intereses, e hai que ter en conta que está pendente aínda a resolución da outra parte da parcela, os viais, que poderían aumentar notablemente a cantidade final, falamos de sumarlle 1.253.366 euros máis os posibles intereses creados”.
Para Fernández Agraso “o silencio do señor Martín e do seu grupo, pois tamén hai que lembrar a defensa acérrima que fixo a portavoz do Partido Popular nun Pleno municipal, María Deza, á decisión de recorrer, demostrando que nunca lles preocupou o interese público, pero si o interese urbanístico, deixando claro que o mellor aliado para mellorar a economía da familia Rocafort é o propio Telmo Martín”.
Finalmente, concluye que.”a prepotencia e a soberbia coa que está a gobernar o señor Martín está deixando unha bagaxe nefasta da súa xestión: moita foto e moita débeda. Con esta sentenza xa imos por case 3.611.000 euros e sumando...”.