As Revenidas, un escenario de altura para os que non tiveron oportunidades

As Revenidas, un escenario de altura para os  que non tiveron oportunidades
una imagen de una edición anterior de as revenidas g.s.

As Revenidas retornará a Vilaxoán o 19 e 20 de xullo cun cartel espectacular encabezado por Fermín Muguruza e Os Diplomáticos de Monte Alto. Pero o festival non deixa de ter ese afán de proximidade co que naceu, fai xa once edicións, á carón do mar de Arousa.
Por elo, aqueles músicos que nunca tiveron a oportunidade de demostrar as súas dotes diante do gran público poderán facelo, unha vez máis, neste festival
“Queres tocar no Revenidas? Esta é a túa oportunidade”. Con este suxerente título, Repichoca anuncia este espazo para o que tan so é preciso cumprir cunhas mínimas condicións: Non ter publicado ningún disco, ter un repertorio propio de seis cancións de música en galego, estar disposto a someterse ao escrutinio popular.
Os artistas ou grupos que cumpran con estes requisitos e queran participar do cartel do Revenidas 2013 teñen que enviar a revenidascomunicacion@gmail. com un link a un video de Youtube ou Vimeo, unha fotografía acompañada por unha pequena biografía e, de ter, un enlace ás redes sociais.

Votación popular
O prazo para presentar candidaturas remata o próximo domingo. Unha vez que a organización recopile toda a documentación e material, os participantes serán presentados no Facebook de Revenidas para que os seguidores do festival escollan ao seu favorito. So se poderá votar unha vez. Os tres grupos que reciban máis apoios pasarán á final e será un xurado composto por Xoán Quintáns (de A Repichoca), Suso Piñeiro (xornalista) e Xurxo Souto (Diplomáticos de Monte Alto) escollerá ao gañador, que ademais de subirse ao escenario de Vilaxoán recibirá 300 euros.

As Revenidas, un escenario de altura para os que non tiveron oportunidades

Te puede interesar