O DESPRESTIXIO DA EU

A humillación e terror  ao goberno e o pobo grego chantaxeado por esa tropa de indesexables da Troika, non ten precedentes. O atreverse a desafiar a furia deses “deuses” desalmados do neoliberalismo coas armas da democracia, non o admiten, non lles gusta o voto libre. Con esta humillación tamén ofende a todos os pobos de Europa, que está dicindo que non quere estar na Europa dos mercadores e dos sacauntos. 
O ex-ministro de finanzas grego Varoufakis, falou estes días por primeira vez, comentando :”....Nuestra Eurozona no es lugar muy apacible para la gente decente...”. Porén, fago a pregunta. ¿ e se a autentica vitoria de  Alexis Tsipras foi o de desenmascarar e fotografar a falta de política social e solidariedade da EU?. Coido que pode ser o intentar como obxectivo final o de despertar o maior número de conciencias nos pobos do sur de Europa, ante o terror económico (terrorismo financeiro) que está a provocar a Troika ao mando de Alemaña. 
Pode ser que a única esperanza fora que, ollando este terror e humillante vitoria xermánica, o resto dos países condenados pola débeda vaiamos preparándonos para estar unidos contra o que tarde o cedo vainos suceder como o país Heleno. 
Vista a falta de democracia e solidariedade neste “Eurogrupo”, é que a EU deixou de existir como unha Europa social, temos que estar preparados para esta nova guerra económica, promovida por os neocons e traizoada polos socialistas e socialdemócratas, ou imos camiño de converternos nos escravos modernos (cousa que xa está acontecendo neste país) do capitalismo salvaxe de dúas velocidades, os de arriba contra os de abaixo. 
Os desalmados xogaron a súa baza, a de sempre: o medo e desmoralizar. O seu obxectivo non é soamente gañar, senón derribarnos, tirar a toalla para sempre. 
Tsipras non puido gañar esta batalla, porén, acadou desprestixiar un pouco máis a esta EU chea de monstros. Todas a derrotas teñen algo positivo. O tempo diranos se os seus esforzos foron estériles. Eu coido que non.
 

O DESPRESTIXIO DA EU

Te puede interesar