Cunha mentira pódese chegar lonxe, pero nunca se volve

Se hai un tema que me obsesiona e que sempre me fai reflexionar, a pesar de ser recurrente en algunha xente, ese é o tema da mentira. Por qué? Cal é o motivo polo que unha persoa minte? 
Levan a fama os abogados e os políticos, aínda que son moitas as persoas que toman a decisión de facer da mentira o seu eixo de actuación a partir do cal se desenrola a súa vida. Algúns chegan a ser diagnosticados como mentirosos compulsivos, outros sinxelamente viven pensando que saen airosos de todas as “trolas” que teñen contado, e incluso poden chegar a alardear delas, e iso que todos coñecemos   a frase de que “se colle antes a un mentiroso que a un coxo”.Por suposto, tamén existen mentiras nas que unha persoa incurre por descoñecemento da verdade, pero éstas son fácilmente recoñecibles .Cando unha destas mentiras aparece, e alguén a rebate, o mentiroso dubida, e se se lle demostra a falta da veracidade, volve a dubidar,  dí que se equivocou, e ás veces incluso rectifica.
Pero éstas non son as graves, non son as que me fan reflexionar.  As que eu entendo como graves son aquelas  outras que un dí únicamente por dous motivos básicos, ás veces simultáneos e outras veces alternos: 
O primeiro, está claro: facer dano a outro. Debido á súa gravidade poden incluso aparecer recollidas no Código penal como figuras delictivas, xa sexan inxurias, calumnias ou delitos contra o honor. O motivo aquí está claro: non teño argumento, quero facer dano, invento unha mentira, e agora cada un que se sacuda e que demostre que esa mentira é mentira e non é verdade. Esto debe ser o que pensa o mentiroso. E de ahí sae unha segunda parte. Cando se demostra que efectivamente, a mentira é unha mentira, o mentiroso nin se sonroxa. Esto é o que máis me asombra, nin un mínimo de vergoña aparece reflexada na súa faciana, nin un mínimo de cor vermella nas súas fazulas, nin un mínimo de “tierra trágame”… para min totalmente incomprensible. Incomprensible por unha parte que se minta co obxectivo de danar a outro, pero incomprensible tamén que unha vez que se “pille” a mentira, dea igual, e xa se inventará outra coa mesma finalidade de sinxelamente danar. De ahí a miña descolocación mental e a miña reflexión.
O segundo motivo, paréceme grave non polo feito en sí ou polo dano que poida ocasionar esa mentira, senón polo seu destinatario. A quen? Non se lle minte a calquera, escóllese a persoa. Cando un minte faino coa idea de que o interlocutor non se vai enterar de que se lle está mentindo, é dicir estase infravalorando á persoa coa que se fala, tomándoa por tonta. Esto faime reflexionar noutro sentido: esta persoa está mentindo, polo tanto pensa que é máis intelixente co que está escoitando e dese xeito,  para min, está menospreciando á persoa coa que fala.
Neste segundo ámbito, penso que é no que entran eses políticos que pensan que a xente é boba, que se lle pode estar contando sempre a mesma milonga, que é mentira, pero que nunca se van enterar. O que está claro é que por suposto antes ou despois sí van a abrir os ollos. Hoxe en día fálase moito de corrupción política pero deberíamos reflexionar tamén de cando en vez sobre a honestidade política. Se se debería responder ante a cidadanía polo feito de non ser unha persoa honesta desde o momento en que os veciños depositan o seu voto de confianza nun candidato, e éste fállale. A política é pasaxeira, a persoa é a que permanece, e a honestidade non é cousa do pasado, é cousa do presente e do futuro, e cada vez fálase menos dela, e deféndese menos. Co auxe das redes sociais e os perfís falsos, é moi fácil mentir, e é moi fácil enganar ós demáis con cousas que poden ter unha similitude coa realidade ou nin tan sequera, … pero éste xa é outro tema.
Como en todo, sempre hai algunha excepción: hai outras mentiras que non me fan reflexionar, nin me enfadan, aquelas coas que inda podes botar un sorriso de medio lado… as mentiras piadosas, as mentiras dun adolescente ou dunha nena pequena…

*Alcaldesa de Cambados

Cunha mentira pódese chegar lonxe, pero nunca se volve

Te puede interesar