SR. HERNANDO “EL ILUSTRADO”

O 14 de abril en moitos pobos e cidades e redes sociais deste país, amañeceu coa bandeiras republicanas e pola tarde con manifestacións a favor da República. Porén, o portavoz adxunto do Congreso Rafael Hernando ese mesmo día comentou: “... la bandera republicana es ilegal y quieren retroceder al país a los años treinta...” O Sr. Hernando está nun posto no Parlamento de grande responsabilidade e non para botar a lingua a pastar. Este señor tiña que saber e ler a Sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, onde di que a bandeira é legal, se non o sabe, ou é un inconsciente ou un listillo manipulador. Fala de que se quere volver aos anos 30, coido que tampouco decatouse das leis retrógradas que sacan acotío os seus compañeiros de partido e de Goberno. ¿Quen quere retroceder aos anos 30? Cada día somos máis as persoas conscientes de que o actual estado caducou. Unha grande parte do que se fixo polo réxime de 1978, está resultando ser un engano, desde a Constitución, onde case ren cúmprese e o sistema electoral, así como un xefe de estado que está ao carón das oligarquías nun continuado saqueo ao pobo español. Por si tamén non o sabe este señor, (quizais non foi á clase cando tocaba este tema) direille que a bandeira republicana é a bandeira dun goberno democrático legalmente elixido polo pobo, a ilegal é esa bandeira do “aguilucho”que foi imposta pola forza das armas e pola razón da forza ao mando dun “salvador” de patrias. Agora este señor permítese o luxo de dar leccións de ética e falarnos de que imos coa bandeira ao pasado, cando estes mesmos que falan comungan todos os días cunha igrexa retrógrada, insistindo e darnos leccións de democracia. Que unha bandeira que non está vixente, non significa que sexa ilegal señor Hernando o “Ilustrado”. “Caminante no hay camino, se hace camino al andar /.Caminante no hay camino,
sino estelas en la mar.” Do grande poeta republicano Antonio Machado.

SR. HERNANDO “EL ILUSTRADO”

Te puede interesar