DULCE NAVIDAD

Xa está aquí un ano máis o Nadal, sen embargo este ano é diferente. Ó lado dos Papá Noeles e das luces das nosas rúas temos as fotos dos candidatos para as eleccións xerais. A verdade, un mezcladillo un pouco raro de máis, ó que non se lle atopa moita explicación, ou quizás sí. Igual as eleccións son o día 20 para que a xente que está fóra estudando lles cadre con exámenes e non vaia votar, ou para que aqueles que traballan ese domingo, o último antes do Nadal, tampouco poidan, ou para que aqueles que teñen que facer as compras de última hora ou volten ás súas casas para o comezo das vacacións lles resulte complicado e se lles pasen as ganas, ou quizás sexan simples conxeturas de xente enrevesada e resulta que realmente o domingo antes de Nadal era a única data posible na que se podían realizar os comicios. Non hai que ser malpensados e seguramente cando se fixou a data, ninguén estaba pensando na abstención. (Aínda que eu penso que temos moita sorte de que Noiteboa sexa un xoves e este ano non caia en domingo.)
 O elenco de candidatos este ano, como a data, tamén é especial respecto ós demáis anos. Temos moitos candidatos para escoller, segundo as nosas orientacións: de esquerda, de centro-esquerda, de dereita, de centro-dereita, nacionalistas, independentistas... ata hai variedade para os superficiais que só pensan no físico: altos, baixos, guapos, feos, pelo curto, pelo longo, barba... pero olvidámonos moitas veces do fundamental... cal é o seu programa, que van facer? Que van facer para que a situación que estamos a vivir cambie? Algúns que van de progres e se lles enche a boca falando de transparencia, teñen o seu programa oculto, outros non cumpriron nada do que prometeron e falan únicamente da herdanza recibida... coas desculpas non se goberna un país. Ou se sabe gobernar ou non se sabe, pero estar catro anos chorando polo recibido, deixalo todo moito peor do que estaba, ter que falar de “pobreza”, nenos e familias en risco de exclusión social, pensionistas pagando polos medicamentos, emigrantes retornados tratados como delincuentes, xóvenes preparados que se teñen que marchar polo mundo adiante, traballos precarios, reforma educativa retrógrada, reforma laboral prexudicial para o traballador, reforma local baleirando de competencias ós concellos, baleirar a hucha das pensións á metade, non avanzar coa lei de igualdade a pesar dos asasinatos de violencia machista rexistrados, recortes en becas, recortes en sanidade que fan que cada vez funcione peor, corrupción e financiación ilegal, e non ter ningún plan para solucionalo, tendo en conta que estas situacións aínda enriba son creadas polo partido que goberna, pero seguir falando da herdanza recibida, creo que son razóns suficientes para non apoiar a ese partido.
Por outra banda, temos partidos que van de progresistas e diferentes, cando todos os valores e principios que defenden son as ideas que levan defendendo e poñendo en práctica outros durante décadas. Uns defenden os valores de partidos de esquerdas e outros os da dereita, pero non deixan de ser un apéndice que renega do corpo e que se suben ó carro do que outros xa loitaron para conseguir. Teñen unha vaga idea do que queren facer pero non concretan nin como, nin saben ó dereito se é posible facelo.
Por último temos o partido que conseguiu que durante moitos anos desfrutásemos do estado do benestar, que fixo que moitos de nós puidésemos estudar, que persoas do mesmo sexo se poidan casar, que as mulleres podían elexir cando ser nais, que fixo unha lei de igualdade na que se recollen dereitos das mulleres que en pleno século XXI aínda non estaban recoñecidos, que fixo unha lei para axudar ás mulleres maltratadas, que no peor momento económico, na crise, crise mundial, aumentou as becas e as axudas ás familias... Que cometemos erros, sí, é certo. Pero xa fixemos examen de conciencia, dor dos pecados, propósito da enmenda, dixemos os pecados e cumprimos a penitencia. Creo que xa é o momento da absolución e de que fagamos o que fagamos o día 20, teñamos un momento e vaiamos votar, e que votemos dun xeito responsable, para que o estado do benestar e os dereitos acadados non se queden convertidos en auga de borralla, en algo que desfrutamos os da nosa xeración, pero que se seguimos así, non coñecerán os nosos fillos.
*Alcaldesa de Cambados

DULCE NAVIDAD

Te puede interesar