O ANXO DA GARDA

Gústame pensar que todos temos un Anxo da Garda. Un que nos da consellos sinceros e nos dí o camiño que debemos coller ante as diferentes opcións que nos da a vida e que está pendente de que non nos falte de nada. Ese Anxo pode ser un pai ou unha nai, un irmán ou irmá, a nosa parella ou un amigo ou amiga, que velan por nós porque nos coñecen, nos queren e nos aprecian. 
Pero hai Anxos da Garda que son diferentes, Anxos que son especiais. Anxos da Garda que non todo o mundo ten a sorte de ter: Anxos que velan e traballan, con moito esforzo, por outras persoas, sen recibir nada a cambio, porque o que está claro, é que todos os Anxos teñen un corazón que non lles cabe no peito.
Eu teño a gran sorte de coñecer a un Anxo da Garda, un dos que son especiais, e aínda que os Anxos se dí que non teñen sexo este Anxo é muller.
É un Anxo incansable que fai, día a día, cousas que poderían parecer imposibles pero que me demostra que para ela non o son.
Un Anxo que empezou soa coa familia a súa andadura, pero que cada vez ten máis xente ó seu redor, xente sincera, xente que lle quere e que a adora de verdade. É certo que algúns dos que empezaron con ela  agora xa non están, pero estou segura que o seu recordo lle segue dando folgos para seguir adiante e para non rendirse.
Un Anxo que a pesar das súas limitacións, non se pon límites, e me da unha lección do que é loitar ante aquelo que é descoñecido, sen medo, e mirando sempre ó frente. 
Un Anxo que me demostra a súa valentía para afrontar unha situación na que o fácil sería ir chorando porta a porta para recibir axudas, ou postrarse nunha cama, pero que non é o camiño que quere seguir,  e por eso tamén a admiro.
Un Anxo que é capaz de que toda unha vila como Cambados, e unha comarca como a do Salnés, se rinda ós seus pés cada vez que fai unha convocatoria para algo. 
Un Anxo que é quen de  mobilizar a figuras do espectáculo e a persoas de recoñecido prestixio profesional tan pronto como a coñecen, porque a ela ninguén lle pode dicir que non, é imposible: pola súa mirada limpa e xenerosa, polo sorriso sempre na súa boca e pola finalidade que teñen os seus actos.
Un Anxo que se levanta cada día para que outros moitos anxiños que están na súa situación, non sofran o que ela sofre, para que atopen unha pronta cura, aínda que elo supoña horas e horas de traballo e de desgaste pola súa parte para acadar fondos para a investigación.
Un Anxo agradecido, que á mínima sempre responde cun agasallo, cando somos todos nós os que lle debemos estar agradecidos a ela por todo o que fai e por todo o que nos ensina.
Moito ánimo, segue sempre así, nunca te rindas Anxo da Garda. Segue gardando, loitando e velando por eses anxiños. Eres a perfecta guía, o mellor exemplo e o verdadeiro espello onde mirarse. Sacarei a miña lingua sempre que mo pidas.
*Alcaldesa de Cambados

O ANXO DA GARDA

Te puede interesar