Alternativas da Xustiza denuncia o “desplante” da Xunta e insiste en que se cree o cuarto Xuzgado

Alternativas da Xustiza denuncia o “desplante”  da Xunta e insiste en que  se cree o cuarto Xuzgado
Vilagarcía leva anos reclamando un cuarto xulgado | g.s.

Alternativas na Xustiza denuncia “os desplantes” do actual goberno da Xunta de Galicia co partido xudicial de Vilagarcía pola “negativa a reiterar ao Ministerio de Xustiza a creación do 4º xulgado ao longo destes últimos dez anos, aprobada no ano 2010 e paralizada pola crise”.


O sindicato sinala que durante todos estes anos os arquivos xudiciais sufriron inundacións e que “as distintas medidas de reforzo solicitadas polo Consello Xeral do Poder Xudicial e o Tribunal Superior de Xustiza foron negadas directamente unhas veces ou reducidas ao máximo noutras”.


Alternativas na Xustiza entenden que o do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, é “odio” hacia o partido xudicial de Vilagarcía. Apoian o seu argumento en que hai unhas semanas “sen previo aviso e sen cambiar as circunstancias polas que se aprobaron os reforzos solicitados a través dun cutre oficio se informou da eliminación das medidas de reforzo para os xulgados 1 e 2 sen dar a menor oportunidade aos letrados a presentar alegacións”. De feito apuntan que “nin sequera o conselleiro foi quen de dar a cara ante AXG-CUT, os letrados, xuíces de Vilagarcía na reunión solicitada por este sindicato e que nin sequera contestou”. Cos datos na man dende Alternativa sinalan que cada xulgado de Vilagarcía soporta un 59 % máis de asuntos que cadaún dos de Cambados no ámbito civil e que no ámbito penal ten un 15 % de procedementos máis, o que evidencia segundo eles a importancia dun reforzo urxente. 

Alternativas da Xustiza denuncia o “desplante” da Xunta e insiste en que se cree o cuarto Xuzgado

Te puede interesar