lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

Antonio Pillado recibe o Premio Cabanillas no ano da inauguración do Museo do poeta

O acto tivo lugar onte no entorno da nova institución | mónica ferreirós

Xoán Antonio Pillado Silvoso recibiu onte á tarde o Premio Ramón Cabanillas que conceden as librerías de Cambados, pola vinculación de quen traballa no estudo e promoción da figura do Poeta da Raza. Un premio que é unha escultura obra de Francisco Bahamonde.


O mestre, tamén primeiro alcalde da vila cambadesa en democracia, tivo a honra de recibir este galardón nun ano significativamente especial: Non só polo 145 aniversario do nacemento do bardo de Fefiñáns, senón tamén por facelo recén inaugurado o longamente agardado Museo Ramón Cabanillas de Cambados. O acto, de feito, tivo onte lugar no seu entorno, tras a inauguración do pasado xoves.


O premio recae nel polo “agarimo” que tanto el como os seus irmáns puxeron no coidado do legado “histórico” que cau nas súas mans, debido á amizade entre o seu avó e o poeta.


O homenaxeado onte leu en A Calzada ao poeta, tivo palabras de agradecemento e volveu ler a Cabanillas, para romper de paso unha lanza en favor do ensino de calidade e do idioma propio: Todo tan reivindicado entón como agora. O atinado repaso que Pillado Silvoso fixo da traxectoria do bardo amosou de sobra o acertado do premio. O edil de Cultura, Tino Cordal, daba outro argumento de peso: “Igual que Cabanillas é capaz de unir a todo Cambados, Xoán Antonio é unha persoa da que ninguén pode falar mal”.

Antonio Pillado recibe o Premio Cabanillas no ano da inauguración do Museo do poeta

Te puede interesar