A Revolta do Umia volve a apostar pola cultura no rural con Agoraphobia e Familia Caamagno

A Revolta do Umia volve a apostar pola cultura no rural con Agoraphobia e Familia Caamagno
O festival “A Revolta do Umia” foi presentado onte en Vilar do Mato, en Cuntis | cedida

Manter o rural máis vivo ca nunca, alomenos dende o punto de vista cultural. Este é un dos principais obxectivos dos organizadores do festival a Revolta do Umia que se celebrará mañá e pasado na aldea cuntiense de Vilar do Mato, na parroquia de Cequeril. A programación completa foi presenta onte nun acto ao que acudiron tanto representantes da Deputación de Pontevedra como do goberno local de Cuntis.


O voceiro da organización, Manuel Touriño, foi o encargado de debullar as actividades por día. Comezan mañá á unha cunha cata sonora na que convivirán a música e os viños. Tamén está prevista a proxección dun documental sobre rock e a actuación a partir das sete da tarde de LosMarcianos, Ratere e Dislexia.


O sábado continúa a festa cunha andaina polo entorno da aldea. Ademais haberá pasarrúas e sesión vermú a cargo de Víktor Flores. No programa non faltan as regueifas e os xogos ao lado do río. Ademáis inaugurarase unha exposición sobre as mulleres máis lonxevas do lugar.


Xa á tardiña comezará a música a cargo de Familia Caamagno, Agoraphobia, The Rapants, Fondo Norte e La Favorita. As entradas poden adquirirse por tres euros na web www.revoltadoumia.com ou enterticket.es. Haberá zona para as food trucks, servizo de bus e tamén zona de acampada. Todo respectando as medidas de seguridad.


A deputada de Cultura da Deputación, Victoria Alonso, destacou a “perspectiva de xénero” do festival coa exposición das mulleres do lugar e o alcalde de Cuntis, Manuel Campos, agradeceu a disposición da organización para levar a cabo eventos no rural que “cada vez está máis baleiro”. O rexedor cuntiense animou a visitar Vilar do Mato “non só por este festival, senón noutras ocasións porque ten lugares moi bonitos para pasear e ver”.

A Revolta do Umia volve a apostar pola cultura no rural con Agoraphobia e Familia Caamagno

Te puede interesar