Aprazamento da tirada de fogos artificiais das Festas de Verán de Boiro 2019

Aprazamento da tirada de fogos artificiais das Festas de Verán de Boiro 2019
2019070716080214683

NOTA DE PRENSA URXENTE

Aprazamento da tirada de fogos artificiais das Festas de Verán de Boiro 2019

Causas alleas á organización obrigan a aprazar un dos actos principais das celebracións boirenses

O Concello de Boiro xa puxo en marcha os trámites para que o espectáculo se celebre antes do remate das festas, ou na fin de semana 

Boiro, 7 de xullo de 2019. Por causas alleas á organización das Festas do Verán, o Concello de Boiro vese na obriga de suspender a sesión de fogos artificiais programada para esta medianoite e o equipo de Goberno traballa arreo coa intención de conseguir que un dos actos principais das celebracións se desenvolva antes de que estas rematen, ou, a máis tardar, na fin de semana.

En aras da transparencia coa que este equipo de goberno se comprometeu cos cidadáns, informamos de que unha situación sobrevida, a consecuencia da tramitación das correspondentes autorizacións en tempo e forma, imposibilita que se poida levar a cabo o espectáculo de lucería e son que xa é unha tradición na xornada dominical das festas, dificultade da que fomos informados na madrugada do propio domingo, sen marxe de manobra para tratar de arranxar o problema, trala intervención da sección de control de armas e explosivos da Garda Civil e o precintado de todos os elementos pirotécnicos.

O equipo de goberno que preside José Ramón Romero pide desculpas publicamente polas molestias que esta suspensión poda ocasionar e aproveita para desexar a todos os veciños e visitantes que continúen gozando das festas que nas xornadas transcorridas caracterizáronse pola armonía e unha convivencia exemplar, e anunciamos que, tralo remate, faremos un análises sosegado dos erros e acertos, do que informaremos publicamente.

Gabinete de Alcaldía
Concello de Boiro
alcaldia@boiro.org

Aprazamento da tirada de fogos artificiais das Festas de Verán de Boiro 2019

Te puede interesar