As Letras Galegas escribíronse con maiúsculas nos eventos da comarca

As Letras Galegas escribíronse con maiúsculas nos eventos da comarca

A comarca barbancesa conmemorou onte o Día das Letras Galegas cun feixe de actividades dirixidas a todos os públicos e que elevaron a fala e a escrita nesa lingua a cotas inimaxinables, e nas que só se escoitou o galego, aínda que os visitantes o tiñan máis difícil, pero adaptáronse. En Ribeira, os principais destinatarios das actividades foron os más cativos con xogos populares, aínda que os maiores que os acompañaban non se resistiron a sentirse como nenos por un rato botando man de varios deles. Tamén houbo o obradoiro literario “Conto das letras”, que estivo moi concurrido, ao igual que a animación de rúa con Xoldra Rachada, Xiada e Arume. Pola tarde, Aguiño tomou o relevo cun parque de inchables e música, unha xornada infantil de debuxo e o espectáculo “Volta á maxia” de Dani García.

De todos modos, o centro neurálxico da actividade cultural no Día das Letras Galegas foi o Pazo de Goiáns e os seus xardíns, onde se celebrou por séptimo ano consecutivo, por iniciativa do colectivo Barbantia, unha romaría que engaiolou a un numeroso público coas actuación do grupo Nunca é Tarde, o grupo de baile de Abanqueiro e de baile tradicional de Pedra da Aroña e de Xilbarbeira, as cantareiras Lumieira, a actuación do grupo Riola e o concerto da Manda de Música Municipal de Boiro, e os expositores de colectivos colaboradores e xogos populares e tradicionais. Tralo xantar popular nesa paraxe incomparable, rodeada dun rico patrimonio, presentáronse libros de Xaime Toxo e de Milagros torrado Cespón.

Pola súa banda, a asociación Festival Antrospinos, programou a romaría Festa de 1906 en Campo de Pazos, con alboradas e música por la vila e sesión vermú a cargo de Vai de Roda, un torneo de escoba por parellas, un serán de música tradicional e o concerto de Leo de Matamá.

As Letras Galegas escribíronse con maiúsculas nos eventos da comarca

Te puede interesar