Manuel Ayaso recibe unha emotiva homenaxe en Ribeira nunha mostra no Lustres Rivas

Manuel Ayaso recibe unha emotiva homenaxe en Ribeira nunha mostra no Lustres Rivas
ayaso 1

Un total de 70 gravados a punta seca creados por Manuel Ayaso e imprimidos por Rosana Calvo e Costa Beiro no taller do Museo do Gravado de Artes forman parte da nova exposición que pode visitarse dende xa no centro Lustres Rivas de Ribeira. Foi esta fin de semana pasada cando tivo lugar o acto de inauguración -cos pertinentes medidas de control de aforo- que contou con momentos de emoción mudando o evento nunha homenaxe ao pintor nacido en Aguiño no 1934.
     Ao principio das intervencións fíxose un repaso pola vida e obra de Ayaso, dende a súa nenez en Aguiño -na que sufriu unha grave enfermidade que lle provocaba altas febres e alucinacións- ata a súa emigración aos Estados Unidos con 13 anos, así como a formación en Belas Artes que recibiu no país norteamericano. Foi a morte de seu pai o que marcou un antes e un despois na carreira do pintor. O propio Ayaso precisou que a enfermidade que tanto influíu na súa vida foi unha pleura mal curada que derivou en tuberculose. O autor recordou algunhas das súas vivencias, como a súa relación con Salvador Dalí que, segundo explicou o propio Ayaso, lle dixo que “Manuel, tú eres gallego y tienes que representar a Galicia” e que marcou a súa carreira artística. 

Manuel Ayaso recibe unha emotiva homenaxe en Ribeira nunha mostra no Lustres Rivas

Te puede interesar