PuntoGal e a Real Academia Galega resolven o VIII Concurso de microrrelatos con premios de Galicia a Polonia

PuntoGal e a Real Academia Galega resolven o VIII Concurso de microrrelatos con premios de Galicia a Polonia

O VIII Concurso de microrrelatos que organiza PuntoGal coa Real Academia Galega e a colaboración da revista Luzes xa ten gañadores.  Lugo,  Barcelona  e  Varsovia  son  os  lugares  desde  onde  participaron  as  tres  persoas  premiadas  na  categoría  de  adultos:  Santiago  Argüeso  Galván  (1997),  gañador  do primeiro  galardón,  e  Damián  Fernández  Rodríguez  (1986)  e  Rebeca  Lema  Martínez  (1986), que se fixeron co segundo e o terceiro, respectivamente. Na modalidade xuvenil  os dous primeiros premios son para as veciñas de Guitiriz Yanira Ansede Iglesias (2008) e  Mencía  Rodríguez  Lorenzo  (2009).  O  terceiro,  para  a  coruñesa  María  Conde  Alba  (2008). Da Coruña é tamén Ana López Canosa (2013), gañadora do primeiro da categoría  infantil, na que Laura Álvarez Barrio (2013), veciña de Redondela, conseguiu o segundo  e a luguesa Irene Suárez Rodríguez (2015) o terceiro. 

 

Entre  as  case  mil  historias  presentadas dun  máximo  de  200  palabras,  os  xurados  recoñeceron ademais como finalistas seis textos de Marisa Vidal Collazo (1966), natural  de  Corme e veciña  de Santiago  de  Compostela; Sara  Jul Rivas  (1972),  de San Cibrao  (Cervo);  o  compostelán Anxo  Rey  López  (2010); Itxaso  Illarramendi  González  (2010), veciña de Vigo; Airela Ónega Ferreiro  (2015), de Lugo; e Xoel Villar Castro  (2014), de  Castrelo de Miño, gañador do terceiro premio na mesma categoria na edición do ano 
pasado.

 

PuntoGal, a RAG e Luzes entregarán os premios o venres 18 de xullo nun acto aberto a  todo o público que se celebrará no salón de actos da Fundación Luis Seoane (rúa San  Francisco, 27 – A Coruña). As historias gañadoras poderán lerse nunha edición especial  en  liña  que  se  publicará  nas  páxinas  web  das entidades  convocantes  e relatos.gal,  e  tamén, canda as finalistas, na revista Luzes. 

 

 

 

 

PuntoGal e a Real Academia Galega resolven o VIII Concurso de microrrelatos con premios de Galicia a Polonia

Te puede interesar