O Atlético Villalonga xa coñece o seu calendario de liga no grupo I de Segunda RFEF. O equipo que adestra Romina Dadín debutará en Lezama o 7 de setembro contra o filial do Athletic Club de Bilbao. As de Sanxenxo xogarán os seus dos primeiros encontros como visitantes, xa que na segunda xornada viaxan a Cantabria para medirse ao Racing de Santander.
O primeiro partido como locais en San Pedro será o 21 de setembro contra o Spórting de Xixón. O Atlético Villalonga pechará o primeiro mes de liga viaxando de novo a Euskadi para medirse á Real Sociedade B. O derbi contra as Celtas será o 19 de outubro, na sétima xornada, en San Pedro. Mentres co partido contra o filial do RC Deportivo chegará na penúltima xornada da primeira volta tamén na casa.
O calendario será asimétrico (orde diferente na segunda volta) e o equipo celeste pechará a liga o 26 de abril en Madrid contra o segundo filial do Atlético.