O Breogán entregará a Medalla de Ouro do clube a Diego Domínguez

O Breogán entregará a Medalla de Ouro do clube a Diego Domínguez
Diego Domínguez recibirá a o máximo galardón que otorga o CMDC Breogán do Grove

O CMDC Breogán do Grove decidiu entregar o seu máximo galardón, a Medalla de Ouro da entidade, a Diego Domínguez pola súa participación nos Xogos Olímpicos de Paris 2024.


Nos quintos Xogos Olímpicos con participación de deportistas do Breogán, chegou e medalla olímpica para un representante da entidade que preside Félix Lamas, neste caso a medalla de bronce que acadou Diego Domímguez no C-2 500 metros xunto co mallorquín Joan Antoni Moreno.


Diego recibirá esta medalla ao igual que os anteriores olímpicos do Breogán: Joaquina Costa “Quini” (Barcelona 92), David Mascato (Sidney 2000 e Atenas 2004) e Fredi Bea (Barcelona 92, Atlanta 96, Sidney 2000 e Atenas 2004).


Esta será a oitava Medalla de Ouro que entrega o CMDC Breogán nos seus 46 anos de historia. Ademáis dos olímpicos tamén recibiron este galardón: a lenda do maratón mundial, Tono Campos; a lenda do deporte femenino español Teri Portela (sete Xogos Olímpicos). E tamén a recibiron o expresidente de Breogán, Suso Casal e Lino Cacabelos.


Todavía non hai unha data confirmada para esta homenaxe, que se levará a cabo  cando Diego Domínguez regrese a Galicia. O padeixeiro do Breogán xa confirmou que a vindeira temporada seguirá formando equipo con Joan Antoni Moreno para preparar o asalto ás diferentes probas internacionais de canoa na modalidade sprint. 

O Breogán entregará a Medalla de Ouro do clube a Diego Domínguez

Te puede interesar