O Breogán invita a probar o barco dragón a empresas, establecementos e grupos de amigos

O Breogán invita a probar o barco dragón a empresas, establecementos e grupos de amigos
O Breogán traballa para promocionar o piragüismo no Grove en diferentes modalidades / da

O CMDC Breogán do Grove continúa a promocionar  o deporte do piragüismo e nos últimos días os técnicos da entidade visitaron varios colexios para repartir folletos a saída dos rapaces dos mesmos, para animalos a asistir na temporada de verán as actividades de piragüismo. Ademais escolares do CEIP Bizoca visitaron o avillón de Deportes Náuticos “Tono Campos” dentro das actividades de promoción da entidade.

 

O Breogán  aumenta a súa promoción do piragüismo ao invitar a empresas, establecementos ou grupos de amigos a "xuntarse e vir a coñecer e probar o barco dragón". De forma que este sábado asisitirá o grupo de pilates de Fisioterapia Mascato & Portela e, dende hoxe os clientes e amigos da Taberna O Moscón, xa se poden anotar para ter tamén unha acitividade no barco dragón.

 

A intención do Breogán é a de seguir dando a coñecer e promocionar as actividades, tanto para a práctica de caiac como canoa, así como as modalidades de barco dragó ou taboas de SUP. Ás xornadas de portas abertas e as de promoción nos centros educativos súmase esta  campaña de actividades para empresas, establecementos e grupos de amigos.

O Breogán invita a probar o barco dragón a empresas, establecementos e grupos de amigos

Te puede interesar