lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

O CB Vilagarcía solicita que o pavillón Castelao leve o nome de Helena Mariño

O Clube Baloncesto Vilagarcía continúa coas homenaxes a Helena Mariño "Mele" cando se van a cumprir dous anos do seu falecemento

O CB Vilagarcía presentou unha solicitude formal ao Concello de Vilagarcía de Arousa para pedirlle que o pavillón Municipal de Castelao pase a chamarse Helena Mariño.   De esta forma o clube continúa coas homenaxes á que  foi a  coordinadora e adestradora "desde os nosos comezos e a que consideramos que foi unha das personas máis importantes no mundo do baloncesto da nosa cidade das últimas décadas", cando se van a cumprir dous anos do seu falecemento.


"Entendemos que este recoñecemento non fará mais que dar xustiza a súa labor por e para os vilagarciáns que se sentirán orgullosos e orgullosas de ver o seu nome coma guía a seguir nun lugar tan emblemático para o baloncesto coma este onde tantas horas pasou formando ás novas xeracións", din dende o clube.

Helana Mariño formouse nas categorías inferiores da AD Cortegada ata participar no primeiro ascenso á máxima división nacional, mantivéndose durante anos na elite do basket feminino formando parte dun grupo de xogadoras “da casa” que despertou o cariño de toda a cidade.

Pioneira, formándose como adestradora na primeira promoción que se impartiu no  Concello dunha titulación única en Galiza. Adestrou en múltiples equipos cos que acadou varias finais galegas. Tamén foi delegada federativa na Delegación Arousana de Baloncesto, dirixindo e velando polos intereses da comarca. 

"Pensamos que sobran os motivos para que o lugar onde tantas e tantas horas pasou traballando coa canteira leve o seu nome".  O CB Vilgarcía convida ao resto de clubes da  cidade a apoiar esta solicitude "co firme desexo de seguir honrando a súa memoria".

O CB Vilagarcía solicita que o pavillón Castelao leve o nome de Helena Mariño

Te puede interesar