A Media Maratón “Entre Rías” reúne a 2.500 corredores

A Media Maratón “Entre Rías” reúne a 2.500 corredores
Os Concellos de O Grove e Sanxenxo, en colaboración con NOKAO, organizan a media maratón “Entre Rías” | Gonzalo Salgado

A segunda edición da Media Maratón Entre Rías reúne esta fin de semana en Sanxenxo e O Grove a 2.500 participantes, entre a proba de 21 quilómetros, a 10K e as carreiras para categorías base que se celebran hoxe no Grove.


O evento, que une os Concellos do Grove e Sanxenxo atravesando lugares espectaculares como a Illa da Toxa ou a Praia da Lanzada, contará tamén mañá cunha proba 10K para os máis rápidos e populares, ademais de carreiras infantís de carácter gratuíto hoxe sábado con 200 inscritos. 


O percorrido está homologado e entre os participantes desta segunda edición destaca o madrileño Chema Martínez, que exerce de padriño. A Media Maratón sairá ás 10 horas desde O Grove, adentrarase na Illa da Toxa e sairá da península meca pola estrada da costa da Lanzada, con dirección a Portonovo e Sanxenxo. A meta estará situada ao final da praia de Silgar. O trazado ten un desnivel acumulado de 169 metros de subida. 


Hoxe sábado poderase realizar a retirada de dorsais na sala Nauta. E a partir das 11 horas celebraranse as carreiras infantís de carácter gratuíto para os participantes de entre 0 e 13 anos no Porto O Grove. 
A saída da 10k realizarase o domingo ás 11:30 horas desde aparcadoiro de Prado Surf Escola A Lanzada. Tamén se poderá realizar o Media Maratón en formato de relevos por parellas. A testemuña entregarase á altura da saída da 10K.  


Durante o percorrido haberá varios puntos de avituallamento. Os participantes recibirán unha bolsa do corredor con agasallo da proba e o dorsal. Ademais dunha medalla “finisher” ao terminar a carreira. 
En canto a premios en metálico, os vencedores masculino e feminina embolsaranse 500 euros. Os segundos, 300, por 200 os terceiros, 150 os cuartos clasificados e 100 os quintos. A organización poñerá servizo de autobuses antes e despois da proba para os corredores que previamente o soliciten.  


A organización ultima os detalles para que todo sexa un éxito. Esta mesa tarde, ás 20 horas no Hotel Carlos I Silgar de Sanxenxo haberá unha charla coloquio de Chema Martínez con entrada libre. 

A Media Maratón “Entre Rías” reúne a 2.500 corredores

Te puede interesar