O pádel consolídase no Concello do Grove con máis de 140 alumnos

O pádel consolídase no Concello do Grove con máis de 140 alumnos
Membros empregando as instalacións grovenses | CEDIDA

A última semana de xuño clausurouse o curso municipal de pádel 2024-2025 no Grove cun balance moi positivo e un ambiente excepcional. A xornada de peche celebrouse cun torneo “americano” entre o alumnado, no que os participantes puideron exhibir o nivel adquirido ao longo do ano, combinando diversión e espírito competitivo. 


Este curso marcou un fito histórico, acadando a cifra récord de 140 persoas inscritas, a máis alta desde que se puxeron en marcha as clases municipais de pádel. A cifra confirma a crecente afección por este deporte no Grove, tanto entre a veciñanza que acode ás clases como entre os usuarios habituais das pistas. 

 

O éxito destas actividades pon en valor a aposta realizada no seu día polo Concello coa creación das pistas de pádel, un proxecto que chegou a ser criticado, pero que finalmente se consolidou como unha das infraestruturas deportivas máis utilizadas e valoradas. 


Tras a clausura das clases de inverno, xa se iniciaron as sesións de verán, nos meses de xullo e agosto, que tamén contan cunha gran acollida. Dende o goberno local destacan que o éxito do pádel é un exemplo máis do compromiso coa promoción do deporte e a saúde no Grove, e anuncian que seguirán mellorando e potenciando as instalacións municipais para dar resposta á alta demanda. 

O pádel consolídase no Concello do Grove con máis de 140 alumnos

Te puede interesar