A posible chegada dun inversor ao Portonovo marca hoxe a súa asemblea

A posible chegada dun inversor ao Portonovo marca hoxe a súa asemblea
O Portonovo rematou a tempada acadando o obxectivo da salvación sen problemas | Gonzalo Salgado

Os socios do Portonovo están convocados a unha asemblea extraordinaria que se celebra hoxe sábado a partir das 11.30 horas en primeira convocatoria, e ás 12 horas en segunda. Os dous únicos asuntos a tratar son a presentación de novas candidaturas á xunta directiva e os rogos e preguntas. En principio espérase que continúe en grupo de quince persoas que tomou as rendas do clube como xestora a metade de tempada tras a dimisión de Valentín Martínez. 


Este grupo realizou un gran traballo os últimos meses e espertou o interese dalgún inersor relacionado co fútbol que quere apostar por apoialos para impulsar o crecemento do clube. 


Nos últimas días son moitos os rumores que apuntan nesta dirección en Baltar, aínda que se espera que sexa hoxe na asemblea cando os socios coñezan o proxecto en caso de continuidade do actual grupo que tivo ata este momento a Óscar Conde como cabeza visible. 


Onte o Arosa tamén anunciou un cambio de data na súa asemblea ordinaria, que en principo estaba prevista para o vindeiro venres día 23. O clube celebrará finalmente a reunión o domingo 25 de maio ás 11:30 horas en primeira convocatoria e ás 12 en segunda convocatoria na aula de conferencias do Recinto Ferial de Fexdega. A directiva explica que o cambio de data “débese ás dificultades para atopar un lugar para acoller o evento na data anteriormente anunciada”. O club agradece a comprensión e pide desculpas polas posibles molestias ocasionadas. 

A posible chegada dun inversor ao Portonovo marca hoxe a súa asemblea

Te puede interesar