O Concello de Boiro colabora co Club de Natación Boiro na VIII Travesía a Nado Illa da Bensa, que terá lugar este sábado 16 de agosto na praia de Carragueiros. Na presentación, que tivo lugar onte, estiveron o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo; o director técnico do Club de Natación Boiro, Brais Nieto; e a directora de Relacións Institucionais de Jealsa, Margarita Hermo.
A proba forma parte do XXI circuíto galego DOP Arzúa-Ulloa de Augas Abertas e constará de tres circuítos distintos. Un deles será de 3.500 metros para as categorías absolutas, máster e infantil; outro de 1000 metros para os amateur, aficionados e alevín e unha de 200 metros. O director técnico do club agradeceu “a todas as empresas e entidades colaboradores con esta travesía e co club de natación para seguir levando a diante a súa actividade deportiva”.
A directora de Relacións Institucionais de Jealsa, Margarita Hermo, animou á veciñanza a desfrutar desta proba que “se celebra nun entorno marabilloso como é Carragueiros e que é moi atractiva”. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, felicitou ao club polo gran traballo que desenvolven “nesta proba e en toda a súa actividade deportiva ao longo do ano colleitando numerosos éxitos por parte dos nosos rapaces e rapazas nas distintas categorías.