Presentan o Trail Subida ao Pico Muralla en Rianxo

Presentan o Trail Subida ao Pico Muralla en Rianxo
Adolfo Muíños y Jose Navarro presentaron onte a proba | cedida

O alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, e o Director Deportivo da Asociación Barbantia Roda, Jose Navarro, presentaron onte o III Trail Subida ao Pico Muralla “Concello de Rianxo” que se celebrará o vindeiro 10 de xuño. A novidade nesta tercera edición será que ademais do trail organízase unha andaina que discorre polo mesmo percorrido que a carreira.
Muíños explicou que os obxectivos son promover esta modalidade deportiva e fomentar hábitos vida saudables, ademais de promocionar Rianxo a nivel turístico e deportivo. Destacou a beleza do percorrido, que discorre en gran parte polo curso do río Te e remata no Pico Muralla, cunhas excepcionais vistas de Rianxo e a Ría de Arousa. Rematou agradecendo a iniciativa de Barbantia Roda e seu traballo en prol do desenvolvemento do deporte.

Navarro explicou os aspectos técnicos da proba, que terá a saída da categoría absoluta ás 10:30 horas sobre unha distancia de 15 quilómetros cun desnivel acumulado de 671 metros. A inscricións están abertos ata o xoves 7 de xuño nas en emesports. O custe para a andaina é de 3 euros e para o trail de 6 euros.
Poderán participar todas aquelas persoas que así o desexen, e para poder optar a algún dos premios será condición indispensable ter rematado a carreira. Haberá trofeos para os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres en cruzar a liña de meta. Tamén para os tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina, para a primeira e primeiro corredor/a local e tamén para os corredores máis veteranos. As categorías do Trail serán Sénior masculino e feminina (18-40 años); Veteráns/as (41-55 años) e .Veteráns/as (56 e maiores).

Presentan o Trail Subida ao Pico Muralla en Rianxo

Te puede interesar