Ribeira, sede do Campionato Galego de Media Maratón

Ribeira, sede do Campionato Galego de Media Maratón
O alcalde Manuel Ruiz e o presidente da Federación Galega Isidoro Hornillos estiveron na presentación da proba onte | cedida

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, presentaron onte o XXVII Campionato de Galicia de Media Maratón, que se celebra por primeira vez na comarca do Barbanza o domingo 10 de setembro, coincidindo coa celebración da proba popular do I Maratón Riveira 21. O Autonómico contará con presencia xa confirmada de Pedro Nimo, gañador masculino da pasada edición. A saída será dende Aguiño e os corredores afrontarán 21 quilómetros, nos que habrá un primeiro tramo de 6 quilómetros pegado ao mar ata a cidade riveirense pasando por Castiñeiras e despois completar dúas voltas a un circuíto de 7,5 quilómetros polo casco urbano entre O Touro e Coroso.
As inscricións pódense formalizar na páxina web carreirasgalegas.com. Tocante á proba popular, o prezo son 15 euros ata o 3 de setembro e 18 ata o 6 de setembro, data límite para poder formalizar a participación (23.59 horas).
O ano pasado venceron no certame galego Pedro Nimo e Paula Mayobre. O alcalde agradeceu á Federación a súa aposta por traer o campionato a Riveira ademais de dar as grazas aos patrocinadores públicos e privados (como Coca-Cola ou Frinsa), algo que tamén fixo Isidoro Hornillos, quen tamén salientou a idoneidade da competición para ver aos mellores atletas da comunidade galega.
Cómpre destacar tamén que a proba popular traerá importantes premios en metálico por valor de 1.500 euros. l

Ribeira, sede do Campionato Galego de Media Maratón

Te puede interesar