Vilagarcía acolle hoxe a III Regata da Liga Galega

Vilagarcía acolle hoxe a 
III Regata da Liga Galega
Fredi Bea, Miro Serén e David Baños, onte na presentación no Concello de Vilagarcía | | da

O concelleiro de Deportes de Vilagarcía, Miro Serén, o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Fredi Bea, e o responsable do clube Depornautic Arousa, David Baños, presentaron a III Regata Kaiak de Mar da Liga Galega que se disputa esta tarde en Vilagarcía a partir das 17 horas no peirao de pasaxeiros organizada pola Fundación de Deportes, Federación Galega e Depornautic nas categorías cadete, xuvenil, sénior e veteranos.


A proba reúne a 234 palistas inscritos que representan a 17 clubes que chegarán de sitios como Cabanas, Vigo, Aldán ou Cambados. Ademáis da proba oficial, haberá unha saída para a categoría infantil nunha regata amistosa. O recorrido de 10 kms para a categoría absoluta pasa entre o faro de Carril e Cortegada, tamén por Malveiras cara a praia do Preguntoiro en Vilaxoán. “é espectacular”, dixo Baños.

“O piragüismo en Vilagarcía non pasa pola mellor época, estanos a costar moito traballar remar para levar arriba este clube”, dixo Baños. O Depornautic cumpre tres anos, pero “o piragüismo en Vilagarcía comezou no ano 75 e foi un dos pioneiros en Galicia”.


“Cando eu empecei o clube de Vilagarcía era un referente en Galicia”, recordou Fredi Bea, que denunciou a “clamorosa” situación que sufren os clubes en Galicia en canto a instalacións pese a ser referentes en éxitos.


O Depornautic, que está a facer un gran labor para levantar o piragüismo en Vilagarcía estes anos, estará representado nesta terceira proba da Liga por un total de 17 deportistas. David Baños agradeceu ao Concello o apoio para poder acoller este evento, que o público poderá seguir de preto sobre todo nas zonas costeiras de Carril e Vilaxoán.

Vilagarcía acolle hoxe a III Regata da Liga Galega

Te puede interesar