Máis de 680 deportistas daranse cita esta fin se semana na cidade con motivo da celebración da XXI Carreira Nocturna e da XLI Travesía a Nado Porto de Vilagarcía domingoa partir das 11:00 horas. A actividade do sábado, cuxa saída é dende Praza da II República conlevará unha serie de cortes de tráfico nese entorno. A avenida da Mariña e Elpidio Villaverde pecharase ás 16:00 horas, mentres que os vehículos deberán retirarase arredor das 15:00 horas. Isto vén dado pola necesidade de colocar os elementos de meta, etc.
Na Carreira Nocturna disputaranse as categorías Sub-6 ata Sub-16, é dicir, nados en 2010 e posteriores; e en categoría absoluta, nados en 2009 e anteriores. O horario variará en relación á categoría, mentres que os máis pequenos competirán ás 21:00 horas, os adultos farán o propio ás 22:15 horas.
O percorrido da proba é o mesmo que o doutros anos: a saída é dende a praza da II República, seguindo por avenida Rivero de Aguilar ata a rotonda en dirección ao peirao de Pasaxeiros e volta; os corredores continuarán por Rivero de Aguilar e avenida Valle Inclán ata a rotonda de acceso ao Porto, onde xirarán para volver ata a altura do ponte sobre o río do Con. Alí farán un pequeno tramo cara a Praza de Abastos por García Caamaño xirando por Alexandre Bóveda en dirección avenida da Mariña ata a meta, na praza de onde partiron.
Os adultos farán un percorrido de 10.000 metros, o que sería unhas tres voltas a este circuíto, mentres que as categorías infantís (da sub-16 á sub-6) farán tramos máis curtos de entre 1.800 e 100 metros. Os dorsais poderanse recoller hoxe venres no Auditorio Municipal entre as 19:00 horas e as 21:00 horas, ademais do propio sábado pola mañá, entre as 11:00 e as 14:30 horas, e pola tarde dende ás 18:00 ata 45 minutos antes de cada proba por categoría.
Ademais dos peches mencionados antes, Rivero de Aguilar cerrará ás 20:30 horas. A avenida Valle Inclán estará cortada a partir das 21:45 horas. Cómpre aclarar que aí non será necesario retirar os vehículos, aínda que partir das 22:15 horas e ata que acabe a proba non se poderán mover. En canto ao entorno da praza de Abastos: os vehículos poderán ir dende Doutor Carús en dirección Doutor Tourón, pero non cara á avenida Valle Inclán. Deste xeito, os condutores tampouco poderán circular dende Doutor Tourón cara a mesma avenida, agás os accesos aos garaxes.
O domingo pola mañá celebrarase a XLI Travesía a Nado, cuxa inscrición aínda estará aberta ata o propio día da proba ás 10:00 horas. Os horarios de saída tamén variarán en función da idade e o percorrido. Así, os adultos farán a proba a partir das 11:00 horas, mentres que os máis pequenos terán a saída ás 12:45 horas.