Meis decantouse polo PP nas xerais fronte á maioría absoluta do PSOE nas municipais de maio

Meis decantouse polo PP nas xerais fronte á maioría absoluta do PSOE nas municipais de maio

Queda claro que non se vota o mesmo a nivel local que xeral e Meis é un dos moitos exemplos. Apenas dous meses despois das municipais que deron a primeira maioría absoluta ao socialismo na vila, o PP vén de gañar na localidade nestas xerais de xullo. Fíxoo en todas as mesas, cunha vantaxe ampla en A Armenteira, un dos bastións do voto conservador. 
 

O PSOE foi segundo e quedou moi preto do PP sobre todo en dúas mesas: En San Tomé e en Paradela, colexio no que vota tanto a alcaldesa socialista, Marta Giráldez, como a líder popular local, Marta Lucio. 
 

Sumar foi a terceira lista máis votada en Meis, aínda que o BNG e mesmo Vox adiantaron aos de Yolanda Díaz nalgunhas das mesas meisinas. 
 

O Bloque, de feito, quedou a tan só sete papeletas da terceira posición. Os de Abascal tiveron o mellor resultado en A Armenteira e o peor en San Martiño, onde obtiveron só sete sufraxios. 
 

Xa a moita distancia, Pacma foi sexta forza, con tres papeletas na localidade. 
 

A participación en Meis medrou en +7,87 puntos, chegando ao 76,60 % do censo, unha tendencia común en O Salnés. Houbo un total de 28 votos declarados nulos e 19 en branco.

Meis decantouse polo PP nas xerais fronte á maioría absoluta do PSOE nas municipais de maio

Te puede interesar