O PSOE gaña en A Illa e faino en todas as mesas salvo un empate nunha do instituto

O PSOE gaña en A Illa e faino en todas as mesas salvo un empate nunha do instituto

O PSOE foi a forza máis votada só en dous municipios de O Salnés: O Grove e A Illa de Arousa. Esta última vila é un dos habituais bastións socialistas, pero na anterior cita coas urnas, as municipais de maio, o PP quedara primeiro, fronte ao peor resultado histórico do socialismo na Arousa, desde a Segregación. Agora, nestas xerais, o PSOE volve ser a lista máis votada en A Illa. Foino, ademais, en todas as mesas salvo en unha do instituto, onde quedou empatado en votos co PP. 
 

Os populares foron segunda forza, a un cento de votos dos socialistas. O BNG, agora no goberno local, 

foi terceira, con ventaxa sobre Sumar. Vox foi cuarta, tamén en todas as mesas. 
 

Os socialistas recuperan así a primeira posición en A Illa de Arousa mentres, xa en clave local, afrontan unha semana que será decisiva, coa celebración do Pleno de organización o vindeiro vernes, a para terminar de poñer en marcha o primeiro bipartito da localidade insular.

O PSOE gaña en A Illa e faino en todas as mesas salvo un empate nunha do instituto

Te puede interesar