O Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia (Cesuga) contará no Seminario Alta Dirección que se celebrará no marco do encontro de Sober, Lugo, mañá 7 de maio, no Áurea Palacio do municipio lucense coa presenza de Fulton Armstrong.
Armstrong foi máximo responsable da Axencia Central de Intelixencia (CIA) dos Estados Unidos en Latinoamérica –trátase do posto analítico máis alto dentro da comunidade de Intelixencia estadounidense– e asesor de asuntos hemisféricos durante un período de catro anos na Casa Branca co presidente Bill Clinton.
Ademáis o experto tamén foi asesor de alto nivel para o tamén presidente estadounidense Joe Biden e para o ex Secretario de Estado de Estados Unidos, John Kerry.
Armstrong falará no acto sobre as técnicas de análises dos servizos de intelixencia aplicadas á intelixencia empresarial. O experto, que será introducido por Fernando Velasco, director da Cátedra de Servizos de lnteligencia e Sistemas Democráticos da Universidade Rey Juan Carlos, ofrecerá as claves esenciais para comprender o papel que xoga a información estratéxica na toma de decisións empresariais. Así mesmo, abrirase un espazo para a reflexión sobre o liderado e a intelixencia inmersiva.
Desde Cesuga destácase que “este tipo de iniciativas achegan a Galicia debates de primeiro nivel que, doutro xeito, quedarían restrinxidos ás grandes capitais europeas”. “A intelixencia como valor estratéxico empresarial tamén se pensa desde a contorna rural”, indicaron fontes do centro educativo.
A participación de Fulton Armstrong constitúe unha aposta por trasladar o foco de interese ao interior rural galego e permitir que tamén sexa protagonista na conversación global, fomentando o diálogo, a reflexión e a posta en valor do territorio como espazo de innovación empresarial e proxección internacional.
A xornada no Palacio de Sober transcorrerá entre as 10.00 e as 18.00 horas e participarán, xunto con Armstrong, Susana Cuena, analista da Cátedra de Servizos de lnteligencia, e o equipo experto de Xsperiences VR.
Os asistentes poderán desfrutar durante tres franxas horarias de diferentes conversas e debates. A apertura baixo o título ‘Intelixecia e empresa’ estará a cargo de Fernando Velasco para dar paso a Armstrong (09.30 a 10.00 horas).
A continuación, de 10.30 horas a 14.00 horas será a momento de falar de ‘Intelixencia Accionable nun mundo de cambio’. Será a segunda das intervencións antes de deixar paso ao almorzo para o que se deixarán baleiras dúas horas –de 14.00 horas a 16.00 horas–, tempo no que os participante poderán intercambiar percepcións.
Para rematar, de 16.00 horas a 18.00 horas será o momento de falar de ‘Liderazgo e intelixencia inmersiva’. Os interesados en participar deberán inscribirse escribindo ao mail laura.rua@cesuga.com introducindo no asunto ‘Intelixencia Sober’. A matrícula será de 990 euros e no caso de precisar de aloxamento, isto deberá indicarse na propia mensaxe de inscripción.