lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

A velocidade reina en San Mamede nunha baixada de carrilanas que tivo espectáculo

Un quilómetro e 207 metros entre o lugar do Graño e a meta en San Mamede. Tres curvas complicadas e zonas con diferentes niveis e un cambio de rasante que permite voos de máis de seis metros. Este trazado aseguraba onte o espectáculo en Valdoviño, onde se celebrou unha nova baixada de carrilanas, con gran expectación e cunha festa que non defraudou ao público familiar que se congregou a ver aos audaces pilotos nos seus tolos autos.

 

A velocidade reina en San Mamede nunha baixada de carrilanas que tivo espectáculo (2)
 

 

A proba foi gañando cos anos –van 26– en profesionalidade, segundo se creaba a federación de deportes de inercia e proliferaban as probas nacionais e internacionais –esta fin de semana participaban 80 pilotos, algúns chegados doutros países–. Pero non deixou de haber espazo para o humor, para vehículos onde prima a fantasía e para outros feitos con madeira que se converten tamén en auténticas obras de arte.

 

Os máis veloces foron Cristian Marugán, Azariel Alberto Menéndez e Samuel Mallo, segundo a clasificación final. O primeiro tirouse no entrenamento oficial e na primeira manga do sábado e onte, unha das dúas veces posibles. Cóllense os dous mellores tempos e foi suficiente para gañar, conseguindo facelo as dúas veces cun tempo dun minuto e cinco segundos. Na categoría “simpatía” os tempos podían superar os catro minutos.

 

 

A velocidade reina en San Mamede nunha baixada de carrilanas que tivo espectáculo
 

 

Nas baixadas houbo descarrilamentos, sen graves consecuencias. Parouse varias veces a carreira para acondicionar a zona e a algún participante ata se lle deixou repetir porque precisamente un accidentado estragoulle o seu tempo. Para previr problemas dispúxose dun amplo dispositivo de seguridade, reforzado por axentes da Policía Local e da Garda Civil e por voluntarios de Protección Civil.

Logo da baixada oficial, a festa continuou co espectacular concurso de saltos, a entrega de premios e a festa de clausura.

 

A relevancia que acadou nun cuarto de século a baixada de carrilanas fai que o Concello de Valdoviño vaia pedir que se declare Festa de Interese Turístico de Galicia. 

 

 

A velocidade reina en San Mamede nunha baixada de carrilanas que tivo espectu00e1culo (2)
 

A velocidade reina en San Mamede nunha baixada de carrilanas que tivo espectáculo

Te puede interesar