A Garda Civil investiga as causas do accidente vial no que perdeu a vida unha muller en Boiro

A Garda Civil investiga as causas do accidente vial no que perdeu a vida unha muller en Boiro
Foto de arquivo dun vehículo do instituto armado ás portas do xulgado | D.A.

A Garda Civil mantén aberta unha investigación para determinar como se produciu o accidente rexistrado o pasado sábado en Boiro no que perdeu a vida unha muller de 39 anos.

Segundo confirman fontes do instituto armado, o equipo de Atestados da Garda Civil de Tráfico traballa para recabar todos os datos cos que esclarecer o suceso, xa que, polo de agora, hai diferentes versións e mantéñense abertas varias hipóteses.

Así, nun primeiro momento apuntouse que a vítima viaxaba nunha motocicleta con outra persoa que resultou ferida de consideración tras sufrir unha caída cando circulaban pola estrada comarcal AC-305,na recta de Vilariño a seu paso polo lugar de Cespón. Sen embargo, ao inicio da investigación xerouse a duda de se a muller ía na moto ou se se atopaba camiñando polo arcén no momento do accidente, no que finalmente tamén se viu implicada unha furgoneta.

Os axentes da benemérita traballan nas dúas vías de investigación recabando información de testemuñas, que viron á vitima camiñando minutos antes do tráxico suceso, e ademáis, na zona só se toparía un casco que pertencería ao piloto, un veciño de Boiro de 47 anos que resultou ferido de gravidade e está ingresado no hospital Clínico de Santiago con fracturas e feridas internas.


Con todo, non descartan que a muller subira á moto, xa que tamén foi vista falando co piloto uns metros antes do lugar do sinistro.O que si parece estar claro é a implicación dunha furgoneta que circulaba no mesmo sentido que a moto e que tiña un golpe na parte frontal dereita, que podería ser polo impacto coa motocicleta. O condutor do vehículo foi sometido a probas de alcoholemia e drogas no lugar del pero o resultado de ambas deu negativo. 

A Garda Civil investiga as causas do accidente vial no que perdeu a vida unha muller en Boiro

Te puede interesar