Máis de medio milleiro de motos participó desde pouco antes das once e media da mañá de onte na ruta mototurítsica que serviu para despedir unha nova e exitosa edición da concentración Boiromotos pola que na súa principal xornada, que tivo lugar o sábado, chegaron a pasar máis de 4.000 personas e arredor de 2.000 vehículos a motor de dúas rodas (había algúns contados que tiñan unha roda más pola sú tipoloxía). O percorrido, duns 60 quilómetros, levou ao participantes desde o entorno do parque da Cachada en dirección cara Cabo de Cruz, tras pasar polas avenidas da Constitución e de Barraña, para seguidamente continuar hacia Carragueiros, Triñáns, Mañóns, Abanqueiro, Cespón, Tállara (Lousame) e Monte Iroite, para seguidamente baixar por Mosquete, Escarabote e regreso ao casco urbano de Boiro, concretamnte ao punto de partida, onde lles agardaba unha pinchada gratuita aos asistentes a cargo da organización, o Motoclube Boiromotos, e ue estivo amenizada por DJ I&I. e por último tivo lugar a comida para os inscritos, que este ano acadou a cifra máxima de 350.