Pasarrúas con Vai de Roda e os cabezudos, xunto a Viravolta Títeres, na primeira xornada do festival Titiriberia en Rianxo

Pasarrúas con Vai de Roda e os cabezudos, xunto a Viravolta Títeres, na primeira xornada do festival Titiriberia en Rianxo
A charanga de Vai de Roda e os cabezudos partiron do auditorio para facer un pasarrúas polo casco urbano da vila rianxeira I Chechu Río

A charanga de Vai de Roda e os cabezudos, xunto con Vitavolta Títeres, participaron onte en Rianxo na primera xornada do festival Titiriberia e o fixeron cun pasarrúas con saída do auditorio, para ir pola Rúa do Hospital cara a Martela, e desde alí baixaron ao peirao de Setefogas, para volver ao punto de partida polo Paseo da Ribeira. Mañá, na Praza Rafael Dieste, a partires das oito da tarde, será José Luis do Pico Orjais quen impartirá  conferencia titulada "A viaxe de Toribio: De Mañón a Rianxo?", mentres que desde as nove da noite será Viravolta Títeres a que ofrecerá o espectáculo paa todos os públicos "Vida, crimes e prisión de Toribio de Mañón".

Pasarrúas con Vai de Roda e os cabezudos, xunto a Viravolta Títeres, na primeira xornada do festival Titiriberia en Rianxo

Te puede interesar