O PP de Ribeira asegura nun comunicado oficial que o goberno municipal renuncia voluntariamente a 275.142 euros de fondos europeos que foron recibidos polo Concello no marco do desenvolvemento do Plan Fortalecemento da Actividade Comercial en Zonas Turísticas do Goberno Estatal.
Así o denunciou esta mañá a voceira do Grupo Municipa do Partido Popular, María Sampedro, quen anunciou que pedirá explicacións ao alcalde sobre esta perda de cartos, que se teme sexa a antesala da renuncia doutras subvencións comunitarias destinadas a obras en marcha.
Entre as actuacións afectadas por esta devolución figuran a mellora da accesibilidade da praza do Concello. Esta obra atópase adxudicada dende fai case un ano por un prezo de 51.700 euros e dende o PP, aseguran, está ainda por empezar.
Pérdense tamén máis de 100.000 euros para o aparcamento disuasorio previsto nas Abesadas, así como 52.000 euros para actividades de mobilidade sostible destinadas á Feira do Vehículo Híbrido.