A RAG difunde os documentos de ingreso de Castelao como académico

A RAG difunde os documentos de ingreso de Castelao como académico
Cedida

Nas vésperas do Día de Galicia e cadrando coa celebración do Ano Castelao, a Real Academia Galega (RAG) publica en liña os documentos sobre o ingreso de Castelao como académico o 25 de xullo de 1934, incluíndo o seu discurso As cruces de pedra na Galiza e varias cartas. 


O ingreso foi parte dun proceso de renovación da RAG para incorporar figuras destacadas do galeguismo, como as Irmandades da Fala e a Xeración Nós. A proposta foi asinada por Risco, Otero Pedrayo e Macías, e o propio Castelao desexou que Antón Vilar Ponte lle respondese na cerimonia. A súa entrada coincidiu coa de Vilar Ponte e celebrouse no Concello da Coruña. 

A RAG difunde os documentos de ingreso de Castelao como académico

Te puede interesar