Rianxo inaugura a súa Feira do Libro con máis de 40 actividades e 20 firmas previstas

A presentación contou co pregón do escritor Óscar Reboiras, todo baixo o lema “Onde florecen os libros”
Rianxo inaugura a súa Feira do Libro con máis de 40 actividades e 20 firmas previstas
O director xeral de Cultura destacou o evento polo seu valor dinamizador da lectura | Cedida

A Feira do Libro de Rianxo abriu esta mañá as súas casetas na Praza de Castelao, baixo o lema “Onde florecen os libros” e coa participación do director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e o vicepresidente da Federación de Librarías de Galicia, Óscar Porral.


Lorenzo non dudou en destacar o papel fundamental destas propostas de cara ao impulso e dinamización da lectura. Ademais agradezeu o traballo da organización da feria que contará cunha programación amplia e variada con máis de 40 actividades, entre as que se atopan as firmas de preto de vinte autores.


O acto inaugural contou tamén co emotivo pregón do escritor e mestre Óscar Reboiras, e coa actuación do Cuarteto da Escola de Música de Rianxo, que acompañou musicalmente unha xornada chea de palabras e emocións.


A feira permanecerá aberta ata o sábado 27 de xullo, cun horario de mañá (de 11 a 14 horas) e de tarde (de 18 a 22 horas), ofrecendo un espazo para o encontro arredor do libro e da lectura, coa participación de sete librarías galegas. 

Rianxo inaugura a súa Feira do Libro con máis de 40 actividades e 20 firmas previstas

Te puede interesar